2023 Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados no Concello da Coruña ano 2023
Pechado
Dende o 09/02/2023 ata o 08/03/2023
Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados no Concello da Coruña.
Teléfono de información directa: 981 184 200
Telemático
Axudas, becas e subvencións
Sector público, Cultura e ocio
Cultura
Si
Tramitación electrónica
As axudas teñen por obxecto contribuír aos gastos ocasionados pola creación de proxectos artísticos durante o ano 2023 e, como finalidade, promover a investigación, creación, desenvolvemento e difusión de contidos, produtos, programas, actividades e servizos culturais.
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade que cumpran cos seguintes requisitos:
Ningún
Alcaldía
Con data 10 de abril publicouse no BOP da Coruña o anuncio de apertura do trámite de corrección deste procedemento de Axudas á Creación Artística para artistas individuais empadroados na Coruña no ano 2023.
No documento indícanse as deficiencias detectadas para cada proxecto, que se deberán emendar no prazo de 10 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación, é dicir, o prazo finaliza o luns 24 de abril de 2023 ás 00.00 horas.
A documentación de corrección que ese presente a través da sede electrónica do Rexistro Municipal deberá realizarse a través do trámite "Achega de documentación a un expediente", onde se deberá indicar o número de expediente que se informa na táboa publicada para cada proxecto, solicitando que se remita ao Servizo de Cultura.
Documentos relacionados
Onde se fai?
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Con data 7/8/23 publícase no BOP da Coruña a resolución definitiva das Axudas, o que se publica nesta Sede electrónica, para o seu coñecemento
Pode consultarse o documento da publicación nos apartado DOCUMENTOS RELACIONADOS, dentro da lapela de PRESENTACIÓN.
Desestimatorio
Con data 10 de abril publicouse no BOP da Coruña o anuncio de apertura do trámite de corrección deste procedemento de Axudas á Creación Artística para artistas individuais empadroados na Coruña no ano 2023.
Finalizado o mesmo, o órgano instrutor formula con data 08/06/2023 proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que se publica no taboleiro de anuncios e edictos electrónico do Concello Concello, e na que se indica a relación de persoas beneficiarias e a a puntuación outorgada. Esta proposta está dispoñible no apartado PRESENTACIÓN - DOCUMENTOS RELACIONADOS.
Esta publicación iniciará o cómputo dun prazo de alegacións que será do 09/06/2023 ao 22/06/2023.
Despois de examinar as alegacións presentadas, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva.
As persoas propostas como beneficiarias enténdese que aceptan a axuda concedida se non presentan alegacións contra a proposta de resolución provisional.
A continuación, procederase a tramitar o pagamento anticipado. No caso de que a persoa beneficiaria non desexe que se lle realice o pagamento anticipado, deberá presentar un escrito ante o Servizo de Cultura, por rexistro, no prazo máximo de tres (3) días hábiles a partir do día seguinte ao de publicación da resolución definitiva no BOP.
A resolución definitiva publicarase no BOP e polos mesmos medios e lugares que a resolución provisional.
Recursos posibles:
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible