Concello da Coruña

Concello da Coruña

AMEEA

Axudas para a conservación, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Vivenda, Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación

Órgano responsable:

Vivenda e Rehabilitación

Vixente:

Si

Ten por obxecto a convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva para mellorar a eficiencia enerxética e ao accesibilidade en edificios, e outras de conservación en edificios de vivendas cunha antigüidade maior a 50 anos, a través das seguintes actuacións:

Serán subvencionables os seguintes tipos de obra:

  1. Obras de mellora de eficiencia enerxética que permitan alcanzar unha redución da demanda enerxética anual global do inmoble de polo menos un 25% sobre a situación previa á actuación.
  2. Obras de accesibilidade nas seguintes circunstancias:
  • Obras que afecten os elementos comúns en edificios de vivenda colectiva coa finalidade de dispoñer un percorrido completamente accesible desde o acceso do edificio desde a vía pública ata cada unha das súas vivendas.
  • En virtude das características estruturais e construtivas do edificio, así como do seu nivel de protección, tamén poderán ser obxecto de axuda aquelas que, sen alcanzar o devandito grao de accesibilidade completa, se permitan polo menos alcanzar os axustes razoables definidos no artigo 2 da Ordenanza municipal reguladora.
  • Obras que afecten o interior das vivendas nas que residan persoas con mobilidade reducida destinadas a dotalas dun programa mínimo dunha estancia, cociña, baño e corredor que os comunique coas condicións de adaptadas establecidas no Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras da CAG, ou norma que o substitúa, e no documento de seguridade de utilización e accesibilidade DB-SUA.
  • Obras que afecten o interior das vivendas nas que residan persoas maiores de 70 anos, destinadas a mellorar as súas condicións básicas de accesibilidade en baños, cociñas ou elementos de comunicación.
  1. Obras de conservación dos edificios de uso residencial de vivenda colectiva con máis de 50 anos de antigüidade, nos termos establecidos no artigo 135.1. c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ou norma que a substitúa, cuxa execución permita a posterior emisión dun informe favorable de avaliación do edificio nos termos establecidos na Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana de Galicia, e normas que o desenvolven.

Axudas para a conservacion, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas

Inscricións:

Dende o 10/02/2023 ata o 10/04/2023

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

As Comunidades de Propietarios e cada un dos propietarios en proporción á súa cota de participación no inmoble nas obras sobre os elementos comúns do edificio.

O propietario ou o ocupante con autorización deste, nas obras en vivendas.

Os promotores, no caso de rehabilitación integral dun edificio non ocupado cando se destine ao seu domicilio habitual, a entidades benéficas sen fins de lucro, ou a vivendas cualificadas como vivenda protexida de réxime xeral destinada a alugueiro protexido.

Requisitos:

Achegar a documentación requirida

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

A Xunta de Goberno Local, ou o Concelleiro delegado da área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade cando a subvención teña un importe de ata sesenta mil euros (60.000,00 €).

Máis información:

Contía das subvencións:

O importe máximo das axudas establecerase segundo o indicado no artigo 8º da Ordenanza Municipal Reguladora.

Custo subvencionable

O custo subvencionable é o custo das obras, que non poderá superar os custos medios de mercado. Incluirán tamén os honorarios profesionais técnicos e administrativos que interveñan. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos taxas e tributos.

Criterios de valoración das solicitudes

Para as solicitudes referidas a obras de mellora de eficiencia enerxética:

Clasificaranse en primeiro lugar as actuacións sobre elementos comúns de edificios de vivendas que inclúan sistemas de monitoraxe de consumos enerxéticos e condicións ambientais do inmoble que permita avaliar a eficacia do investimento, mediante a remisión dos datos obtidos a unha plataforma municipal para a súa xestión:

  • Recibirán un punto por cada unidade enteira en que se incremente a porcentaxe de redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración (kW h /m2 ano) que se produza como consecuencia das obras proxectadas, por encima do esixido para poder obter a subvención.
  • No caso de empate entre solicitudes en virtude da puntuación establecida anteriormente, estas ordenaranse dando prioridade ás actuacións que afecten a un maior número de vivendas.
  • Clasificaranse en segundo lugar o resto de actuacións sobre elementos comúns de edificios de vivendas:
    • Recibirán un punto por cada unidade enteira en que se incremente a porcentaxe de redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración (kW h /m2 ano) que se produza como consecuencia das obras proxectadas, por encima do esixido para poder obter a subvención.
    • No caso de empate entre solicitudes en virtude da puntuación establecida anteriormente, estas ordenaranse dando prioridade ás actuacións que afecten a un maior número de vivendas.
  • Clasificaranse en terceiro lugar as actuacións sobre vivendas independentes situadas en edificios de vivendas que inclúan sistemas de monitoraxe de consumos enerxéticos e condicións ambientais do inmoble que permita avaliar a eficacia do investimento, mediante a remisión dos datos obtidos a unha plataforma municipal para a súa xestión, mesmo cando afecten tamén a elementos comúns do edificio no que se sitúen (p. ex. cambios de xanelas):
    • Recibirán un punto por cada unidade enteira en que se incremente a porcentaxe de redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración (kW h /m2 ano) que se produza como consecuencia das obras proxectadas, por encima do esixido para poder obter a subvención.
  • Clasificaranse en cuarto lugar o resto de actuacións sobre vivendas independentes, mesmo cando afecten tamén a elementos comúns do edificio no que se sitúen (p. ex. cambios de xanelas):
    • Recibirán un punto por cada unidade enteira en que se incremente a porcentaxe de redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración (kW h /m2 ano) que se produza como consecuencia das obras proxectadas, por encima do esixido para poder obter a subvención.

O cálculo da redución realizarase mediante comparación da demanda enerxética anual global que se estableza nos certificados de eficiencia enerxética que deben achegarse coa solicitude. Para iso, o certificado de proxecto debe avaliar inequivocamente a obra para a que se solicite a axuda, pois en caso contrario á solicitude asignaránselle 0 puntos.

Para as solicitudes referidas a obras de accesibilidade en elementos comúns en edificios de vivenda colectiva:

  • Clasificaranse en primeiro lugar as obras cuxa finalidade principal sexa a instalación de novos ascensores en edificios onde non exista e en residan persoas con discapacidade recoñecida ou redución de mobilidade acreditada:
    • Recibirán un punto por cada persoa que, atopándose nas devanditas circunstancias, teña o seu domicilio habitual no inmoble.
    • No caso de empate entre solicitudes en virtude da puntuación establecida anteriormente, estas ordenaranse dando prioridade ás actuacións que afecten a un maior número de vivendas.
  • Clasificaranse en segundo lugar as obras cuxa finalidade principal sexa ampliar o percorrido de ascensores xa existentes para suprimir tramos de escaleiras, ou adaptar percorridos accesibles ata eles, en edificios nos que residan persoas con discapacidade recoñecida ou redución de mobilidade acreditada:
    • Recibirán un punto por cada persoa que, atopándose nas devanditas circunstancias, teña o seu domicilio habitual no inmoble.
    • No caso de empate entre solicitudes en virtude da puntuación establecida anteriormente, estas ordenaranse dando prioridade ás actuacións que afecten a un maior número de vivendas.
  • Clasificaranse en terceiro lugar as restantes obras cuxa finalidade principal sexa a instalación de novos ascensores en edificios onde non existan:
    • Recibirán un punto por cada persoa de idade igual ou superior a 70 anos, que teña o seu domicilio habitual no inmoble.
    • No caso de empate entre solicitudes en virtude da puntuación establecida anteriormente, estas ordenaranse dando prioridade ás actuacións que afecten a un maior número de vivendas.
  • Clasificaranse en cuarto lugar as restantes obras cuxa finalidade principal sexa ampliar o percorrido de ascensores xa existentes para suprimir tramos de escaleiras, ou adaptar percorridos accesibles ata eles:
    • Recibirán un punto por cada persoa de idade igual ou superior a 70 anos, que teña o seu domicilio habitual no inmoble.
    • No caso de empate entre solicitudes en virtude da puntuación establecida anteriormente, estas ordenaranse dando prioridade ás actuacións que afecten a un maior número de vivendas.
  • Clasificaranse en quinto lugar as obras para renovar ascensores sen modificar o seu percorrido, ou para implantar outras medidas complementarias de accesibilidade, en edificios nos que residan persoas con discapacidade recoñecida ou redución de mobilidade acreditada:
    • Recibirán un punto por cada persoa que, estando nas devanditas circunstancias, teña o seu domicilio habitual no inmoble.
    • No caso de empate entre solicitudes en virtude da puntuación establecida anteriormente, estas ordenaranse dando prioridade ás actuacións que afecten a un maior número de vivendas.
  • Clasificaranse en sexto lugar as restantes obras para renovar ascensores sen modificar o seu percorrido, ou para implantar outras medidas complementarias de accesibilidade, segundo o seguinte criterio:
    • Recibirán un punto por cada persoa de idade igual ou superior a 70 anos, que teña o seu domicilio habitual no inmoble.
    • No caso de empate entre solicitudes en virtude da puntuación establecida anteriormente, estas ordenaranse dando prioridade ás actuacións que afecten a un maior número de vivendas.

Para a clasificación das solicitudes teranse en conta unicamente as persoas cuxo recoñecemento de condición de discapacidade ou acreditación de redución de mobilidade e/ou idade, segundo corresponda, figure entre a documentación achegada inicialmente segundo o establecido nos apartados 7.3 e 7.4.

Para as solicitudes referidas a obras de accesibilidade no interior de vivendas:

  • Clasificaranse en primeiro lugar as obras en vivendas que constitúan o domicilio habitual de persoas con discapacidade recoñecida ou redución de mobilidade acreditada, dándose prioridade ás solicitudes que acrediten unha menor renda da unidade de convivencia.
  • Clasificaranse en segundo lugar as obras en vivendas que constitúan o domicilio habitual de persoas de idade igual ou superior a 70 anos, dándose prioridade entre estas a as solicitudes que acrediten unha menor renda da unidade de convivencia.

Para a clasificación das solicitudes teranse en conta unicamente as persoas cuxo recoñecemento de condición de discapacidade ou acreditación de redución de mobilidade e/ou idade, segundo corresponda, figure entre a documentación achegada inicialmente segundo o establecido nos apartados 7.3 e 7.4.

Para as solicitudes referidas a obras de conservación (epígrafe 2.3):

  • Clasificaranse en primeiro lugar as actuacións en función do nivel de protección do inmoble afectado pola actuación, seguindo a seguinte orde:
    • Protección monumental (nivel 1 do PEPRI)
    • Protección integral (nivel I do PXOM, nivel 2 do PEPRI)
    • Protección estrutural (nivel II do PXOM, nivel 3 do PEPRI)
    • Protección ambiental (nivel III do PXOM, nivel 4 do PEPRI)
    • Protección ambiental no conxunto (nivel 5 do PEPRI)
    • Sen protección
  • No caso de empate entre solicitudes en virtude da puntuación establecida anteriormente, estas ordenaranse dando prioridade ás actuacións que afecten a un edificio de maior antigüidade.

Nota

No caso de empate entre dúas solicitudes nos dous subcriterios definidos en cada epígrafe do presente artigo, concederase a subvención en primeiro lugar á que antes presentase a documentación completa

Presentación

Prazo de presentación:

O prazo de presentación de solicitudes será de 2 meses a contar desde o día seguinte á publicación no BOP (do 10/02/2023 ao 10/04/2023). Prema aquí para ver na ligazón a publicación no BOP.

Documentación necesaria:

Documentación xeral:

  1. Solicitude : Solicitude de concesión de axuda. (MODELO 01 "Instancia de Solicitude": cubrir e achegar só no caso de tramitación presencial. Se se tramita telematicamente, os datos deste modelo xa están incluídos no formulario web).
  2. Certificación da persoa titular da secretaría (MODELO 02): Certificación da persoa titular da secretaría do acordo da comunidade de persoas propietarias e listaxe de persoas participantes no custo da obra. Só no caso de actuacións en elementos comúns.
  3. Declaración responsable e autorización/non oposición á consulta de datos, das persoas que formen parte de comunidades de persoas propietarias/bens (MODELO 03): Declaración responsable e autorización/non oposición á consulta de datos, das persoas que formen parte de comunidades de persoas propietarias/bens, e de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social
  4. Certificados de estar ao corrente : Certificados de estar ao corrente das obrigas fronte á Seguridade Social e/ou a Axencia Tributaria e o Concello da Coruña, no caso daquelas persoas que se opoñan ou non autoricen ditas consultas polo órgano instrutor.
  5. Certificado bancario: Certificado emitido pola entidade bancaria no que conste o número de conta IBAN a nome da/s persoa/s beneficiaria/s.
  6. Notas simples informativas actualizadas emitidas polo Rexistro da propiedade: Notas simples informativas do Rexistro da Propiedade nas que figure a actual propiedade de todos os inmobles para os que se solicite subvención ou, na súa falta, xustificante emitido polo Rexistro da Propiedade de que se solicitou a súa inscricion.
  7. Documento identificativo:
    1. DNI de todas as persoas propietarias no caso de solicitude de persoas físicas.
    2. CIF no casos de solicitudes de comunidades de persoas propietarias.
    3. DNI do representante, no seu caso.
  8. Documentación acreditativa do domicilio habitual: Documentación acreditativa de constituír domicilio habitual das vivendas que non estean habitadas polos seus propietarios, a efectos de acreditar o cumprimento do artigo 3.3 da Ordenanza Municipal Reguladora

Documentación xeral técnica:

  1. Memoria técnica: No caso de non estar recollida na documentación achegada para a obtención do título urbanístico habilitante, deberase presentar unha memoria técnica co seguinte contido:
    1. Descrición das obras que se van a realizar.
    2. Fotografías do estado actual.
    3. Xustificación da necesidade rehabilitadora.
    4. Nas solicitudes referidas a obras de mellora de eficiencia enerxética: Certificado de eficiencia enerxética do edificio existente e certificado de proxecto, emitidos polo técnico competente.
    5. Nas solicitudes referidas a obras de conservación, a memoria deberá xustificar expresamente que estas permitirán a obtención dun Informe de Avaliación do Edificio favorable.
  2. Orzamentos: Orzamento aprobado da obra elaborado por empresa/s contratista/s, descomposto por partidas, medicións e prezos unitarios. Debe estar referido á obra para a que se solicite a axuda e conforme co seu título habilitante urbanístico.
  3. Orzamentos comparativos: Cando o orzamento aprobado ascenda a unha cantidade igual ou superior a 40.000,00 € + IVE deberanse presentar como mínimo outros dous orzamentos de diferentes empresas contratistas, que tamén deberán referirse á obra para a que se solicite a axuda e ser conformes co seu título habilitante urbanístico. - Estes orzamentos deberán ser de data anterior á do acordo de autorización das obras pola Comunidade de Persoas Propietarias-.
  4. Memoria técnica xustificativa: Memoria asinada por técnico competente que xustifique a súa elección en base a criterios de eficiencia e economía.
  5. Cadro resumo: Cadro resumo dos importes que formen parte do custo subvencionable da actuación.

Documentación a presentar no caso de obras de accesibilidade en elementos comúns:

  1. Documentación acreditativa da situación das persoas: Cando cumpra, certificado de discapacidade/informe médico acreditativo de redución de mobilidade e/ou DNI acreditativo da idade, daquelas persoas que, tendo o seu domicilio habitual no edificio deban terse en conta para a puntuación da actuación segun os criterios de clasificación establecidos no apartado 8 da convocatoria.

Documentación a presentar no caso de obras en vivendas independentes:

  1. Declaración responsable membros da unidade de convivencia (MODELO 04): Declaración responsable das persoas que integran a unidade de convivencia e autorización de consulta do nivel de renda.
  2. Volante colectivo de empadroamento no que figuren todas as persoas integrantes da unidade de convivencia emitido no prazo de presentación da solicitude. Soamente no caso de que se opoñan á súa consulta ou estean empadroadas noutro Concello.
  3. Declaración da renda: Naqueles casos nos que non se autoricen á consulta, estas persoas deberán presentar a declaración do IRPF ou, no seu caso, certificado de ingresos emitido pola AEAT, referidos ao último período impositivo co prazo de presentación vencido no momento da solicitude desta axuda.
  4. Autorización da persoa propietaria: Autorización da propiedade do inmoble no caso de que o solicitante da subvención non sexa a persoa propietaria.
  5. Autorización de todas as persoas propietarias do inmoble a favor da persoa solicitante para actuar no seu nome.
  6. Documentación acreditativa da situación das persoas: No caso de solicitudes referidas a obras de accesibilidade: certificado de discapacidade/informe médico acreditativo de redución de mobilidade e/ou DNI acreditativo da idade, daquelas persoas que, tendo o seu domicilio habitual no edificio deban terse en conta para a puntuación da actuación segundo os criterios de clasificación establecidos no apartado 8 da convocatoria.

Documentación a presentar no caso de solicitar axudas adicionais (art. 8.3 Ordenanza municipal reguladora):

  1. Declaración responsable membros da unidade de convivencia (MODELO 04): Declaración responsable das persoas que integran a unidade de convivencia e autorización de consulta do nivel de renda.
  2. Declaración da renda: Naqueles casos nos que non se autoricen a consulta, estas persoas deberán presentar a declaración do IRPF ou, no seu caso, certificado de ingresos emitido pola AEAT, referidos ao último período impositivo co prazo de presentación vencido no momento da solicitude desta axuda.
  3. Volante colectivo de empadroamento: Volante colectivo de empadroamento no que figuren todas as persoas integrantes da unidade de convivencia emitido no prazo de presentación da solicitude. Soamente no caso de que se opoñan á súa consulta ou estean empadroadas noutro Concello.

Documentación para a xustificación de obras e abono da subvención no caso de obras executadas no momento da solicitude:

  1. Xustificante execución de obra (MODELO 05): Xustificación da execución da obra.
  2. Certificado final de obra asinado pola dirección técnica. No caso de obras sen dirección técnica deberá presentarse unha declaración responsable da súa execución asinada pola persoa solicitante e a/as empresa/s contratista/s
  3. Reportaxe fotográfica: Reportaxe fotográfica que recolla as obras executadas; no caso de existir dirección técnica, deberá vir asinado por esta.
  4. Memoria económica: Memoria económica xustificativa do custo das actuacións coa relación clasificada de gastos. A esta memoria deberá acompañarse:
    1. Cando exista dirección técnica, certificación final de obras executadas indicando o grao de execución das partidas definidas na documentación técnica inicial, e aqueloutras que deberon introducirse durante a súa execución.
    2. Facturas ou documentos de valor probatorio onde conste a identificación da persoa acredora, o seu importe e a data de emisión.
    3. Xustificación do pagamento, mediante extracto ou certificacións bancarias, seladas e asinadas pola persoa ou entidade solicitantes.
  5. Memoria técnica: Memoria técnica xustificativa de alcanzar os parámetros mínimos establecidos segundo a intervención proposta.
  6. No caso de solicitude referida á mellora da eficiencia enerxética, a memoria deberá incluír o Certificado de Eficiencia Enerxética do edificio terminado, previamente inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia.
  7. No caso de solicitude referida a obras de conservación, a memoria substituirase polo Informe de Avaliación de Edificios emitido tras a execución, que deberá ser de sentido favorable.

Documentos relacionados

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

No caso de que a solicitude se tramite de maneira presencial, deberase presentar obrigatoriamente a Instancia de Solicitude (Modelo 01), a Declaración responsable e autorización de consulta de datos (Modelo 02), a Declaración responsable e consulta de datos de persoas integrantes da Comunidade de Propietarios (Modelo 03) e a Declaración responsable dos membros da unidade familiar (Modelo 04). O Modelo 05 (Xustificación da execución da obra) só se presentará xunto coa solicitude se xa está finalizada a obra nese momento.

Como se fai?:

Aqueles suxeitos que non se atopen obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, deberán presentar a documentación no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de1 de outubro (ver apartado "Onde se fai")

Internet

Que se necesita?:

No que caso de que a solicitude se tramite electronicamente, deberase cubrir a información do formulario web ao que se accede premendo no botón ENVIAR da lapela PRESENTACIÓN. Non será necesario achegar á solicitude os Modelos 01 (Instancia de solicitude) e Modelo 02 (Declaración responsable e autorización de consulta de datos), pois o seu contido xa está recollido no formulario web.

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1242

Se vostede xa presentou prevismente unha solicitude e desexa achegar nova documentación, non o faga a través deste trámite senón a través do procedemento Emenda Axudas para a conservación, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de 6 meses que se contarán desde o día seguinte a que finalice o prazo para presentar as solicitudes.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Corrección

Durante a tramitación interna das peticións poderase solicitar a presentación de documentacion que non fose entregada coa solicitude inicial, e que se deberá achegar utilizando o trámite da Sede Emenda Axudas para a conservación, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas

Xustificación

No seu momento haberá que xustificar o gasto efectivamente realizado. Esta xustificación realizarase a través deste trámite da sede Xustificación execución obras Axudas para a conservacion, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas

Recursos

Contra a resolución que se dite, poderase interpoñer:

- Recurso potestativo de reposición

- Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión