Concello da Coruña

Concello da Coruña

BTX

Bono taxi

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Transporte, Sociedade e benestar

Órgano responsable:

Servizos Sociais

Vixente:

Si

Tramitación de axudas económicas, de carácter individual, para persoas cunha discapacidade que lle afecte gravemente á súa mobilidade e esta lle impida utilizar os transportes públicos colectivos, coa finalidade de proporcionarlles un servizo alternativo de taxi para os seus desprazamentos.

Bono Taxi convocatoria 2025

Inscricións:

Dende o 18/12/2024 ata o 17/01/2025

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas cunha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade e lles impida utilizar os transportes públicos colectivos coa finalidade de proporcionarlles un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos.

Requisitos:

Poderán acceder á condición de persoa beneficiaria das subvencións as persoas con discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia, ou Administración competente, que afecte gravemente á mobilidade e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos. Esta condición debe quedar acreditada no documento administrativo que certifique a discapacidade.

As persoas beneficiarias, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior de 3 anos.
  2. Residir no Concello da Coruña e constar como empadroado/a.
  3. Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente en que conste que a discapacidade afecta gravemente á súa mobilidade e lle impide utilizar os transportes públicos colectivos.
  4. No caso de que a persoa solicitante estea en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través do Instituto Social das Forzas Armadas (ISFAS), Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE), Mutualidade Xeral Xudicial (MUGEJU) ou outras entidades similares.
  5. Non constar como titular dun vehículo, segundo os datos rexistrados no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico.
  6. Non dispoñer dunha capacidade económica, calculada conforme ao establecido nestas bases, superior ao 210% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) determinado pola Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2025, ou outra norma legal que o determine e vixente no ano 2025, tendo en conta o previsto na Base 28 das presentes bases reguladoras.
  7. Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), das obrigas fronte á Seguridade Social e das obrigas tributarias co Concello da Coruña.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería de Benestar Social

Máis información:

O importe global das subvencións obxecto desta convocatoria específica é de cento vinte e cinco mil euros (125.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 51.231.480.06.

O importe global dividirase a partes iguais entre todas as persoas solicitantes que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria sen que a contía concedida a cada unha delas individualmente supere o importe de 1.000,00 €, incluídos, se é o caso, os suplementos procedentes de modificacións orzamentaria.

Presentación

Prazo de presentación:

De 18 de decembro de 2024 ao 17 de xaneiro de 2025, ambos incluídos (18.12.2024 a 17.01.2025).

A solicitude de subvención presentarase no prazo de 1 mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP núm. 242 do 17 de decembro de 2024). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación da devandita convocatoria. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Documentación necesaria:

Documentación obrigatoria, en todas as solicitudes:

  • Modelo normalizado de solicitude dispoñible nesta sede electrónica (modelo 124) que hai que cubrir obrigatoriamente.
  • Libro de familia, só se o/a solicitante é menor de idade. Deben achegarse as follas de todos os irmáns ou irmás, incluída a propia persoa solicitante.
  • Certificado de empadroamento das persoas membros da unidade de convivencia, distintas ao/á solicitante (se as hai).

Consideraranse persoas membros computables da unidade de convivencia as seguintes:

  1. A/o cónxuxe ou parella de feito.
  2. As fillas e fillos menores de 18 anos, ou maiores desa idade incapacitados xudicialmente conforme á lexislación anterior á Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, ou respecto dos que se estableceron xudicialmente medidas de apoio atribuídas aos seus proxenitores despois da entrada en vigor desta lei, que convivan no domicilio.
  3. As persoas menores en situación de acollemento permanente ou preadoptivo.

En caso de persoas solicitantes menores de idade, a unidade de convivencia para considerar será a formada polas súas persoas proxenitoras ou titoras e as restantes fillas e fillos menores de 18 anos, ou maiores desa idade incapacitados/as xudicialmente, que convivan no domicilio.

Documentación que se debe presentar só en caso de non autorizarse expresamente a consulta no formulario de solicitude (modelo normalizado 124):

Persoa solicitante:

  • Documento nacional de identidade, pasaporte ou tarxeta de identificación de estranxeiro, ou outro documento que acredite a súa identificación.
  • Resolución ou certificado de discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración equivalente no que conste que esta afecta gravemente á súa mobilidade e impide a utilización do transporte público colectivo.
  • Titularidade de prestacións económicas do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e/ou Servizo Público de Emprego (SEPE-INEM).
  • Información tributaria da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), correspondente ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do exercicio 2023.
  • Certificación de estar ao corrente no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e o Concello da Coruña
  • Certificación da Dirección Xeral de Tráfico de non titularidade de vehículos de tracción mecánica.

Resto de persoas membros da unidade de convivencia:

  • Documento nacional de identidade, pasaporte ou tarxeta de identificación de estranxeiro, ou outro documento que acredite a súa identificación.
  • Titularidade de prestacións económicas do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e/ou Servizo Público de Emprego (SEPE-INEM).
  • Información tributaria da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), correspondente ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do exercicio 2023.

Documentos relacionados

  • Mod 124 Solicitude de bono taxi 11/2023 (106 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro

Como se fai?:

Solicitando cita previa, á que deberá acudir achegando a documentación solicitada, que lle será devolta tras ser escaneada.

Internet

Que se necesita?:

e-DNI ou certificado electrónico

Como se fai?:

Deberá cubrir o formulario web de tramitación e incorporar o modelo 124 debidamente cuberto, e a documentación solicitada en caso de non autorizar expresamente o concello para consultar os datos doutras administracións, e incorporar a firma electrónica ao final do proceso.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1282

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo de resolución e notificación da concesión das subvencións é de seis meses, que se contan a partir da data de publicación da convocatoria.

Sentido do silencio administrativo:

Sentido do silencio desestimatorio.

E despois?:

Os bonos-taxis serán entregados en soporte papel, polo importe total da axuda concedida, e con importes de 0,50 €, 1,00 € e 3,00 €.

Poderanse utilizar dende o momento da entrega ata o 31 de decembro de 2025.

As axudas para transporte en taxi son persoais e intransferibles. Para favorecer o control das axudas:

- As persoas beneficiarias deberán facer constar a súa sinatura no bono-taxi.

- Os bonos-taxis seranlle entregados pola persoa beneficiaria da axuda á persoa titular do taxi, e deberase ademais exhibir o seu documento oficial de identificación.

A persoa beneficiaria da axuda deberá aboar o importe restante ata a totalidade servizo, resultante da diferenza entre o valor dos bonos utilizados e o importe total facturado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión