Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Certificado de empadroamento, sen certificado dixital

Certificado de empadroamento, sen certificado dixital

Inscricións:

Aberto

Páxina web:

Tramitar en liña

Mediante o certificado de empadroamento constátase a inscrición no Padrón municipal de habitantes do concello. É o documento que acredita fidedignamente o feito do empadroamento.

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan as veciñas e os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. Todas as persoas que vivan en España están obrigadas a inscribírense no Padrón do municipio no que residan habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.

Canles:

Telemático

Tipo:

Rexistros e censos

Materia:

Sector público

Órgano responsable:

Interior

Vixente:

Si

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Presentación

Prazo de presentación:

A solicitude pode realizarse en calquera momento.

Documentación necesaria:

O certificado solicitado será remitido por correo postal ao domicilio de empadroamento, sen que sexa posible remitilo por outro medio ao tratarse dun trámite sen identificación.

Canles de presentación

  • Presencial

    Presencial

    Que se necesita?:

    Este procedemento concreto só existe en formato en liña.

  • Internet

    Internet

    Que se necesita?:

    Ningún requisito específico.

    Como se fai?:

    Pulsando a opción "Tramitar en liña"

Despois

Prazo de resolución:

Dentro dos dous días hábiles seguinte será remitido o documento solicitado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible