SUBENTDEP
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Deporte
Deportes
Si
Convocatoria extraordinaria de subvencións de concorrencia competitiva dirixida a entidades deportivas sen ánimo de lucro destinadas ao fomento e apoio á realización de actividades deportivas
Convocatoria extraordinaria Subvencións para entidades deportivas 2022
Dende o 26/08/2022 ata o 09/09/2022
Entidades deportivas sen ánimo de lucro con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña, que teñan por obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas para os 3 tipos de actividades da convocatoria.
Son requisitos esixibles ás entidades beneficiarias, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data da proposta definitiva de concesión da subvención, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, os seguintes:
No caso de entidades deportivas que teñan aprobado un convenio nominativo no Anexo de Subvencións Nominativas do Orzamento Municipal do exercicio 2022 e que recibisen unha ou máis subvencións con cargo á convocatoria ordinaria de subvencións de concorrencia competitiva dirixida a entidades deportivas sen ánimo de lucro destinadas ao fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas do Concello da Coruña do exercicio 2022 (BOP n19, de data 28/1/2022), non poderán optar a solicitar ningún tipo de axuda con cargo a esta convocatoria
Ningún.
Titular da Concellaría Delegada de Deportes.
Tipos de actividades subvencionadas:
- Unha mesma entidade deportiva só pode solicitar un máximo dunha (1) subvención de entre o total de tipos enumerados na Base 3.
- Por tanto, só se pode presentar unha única solicitude por entidade deportiva. No caso de que a entidade deportiva perciba unha axuda de forma directa (convenio nominativo) por parte da Concellaría de Deportes ou dun ente colaborador, terá dereito a solicitar 1 subvención, sempre que non fosen beneficiarios dalgunha subvención na convocatoria ordinaria de subvencións a entidades deportivas do exercicio 2022.
- O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será o 80 % do total do mesmo. Establécese un importe máximo a solicitar de 6.000,00 euros por cada subvención solicitada de tipo 1 e 1.1, e de 10.000,00 euros por cada subvención solicitada de tipo 5.
Pode acceder á publicación da bases no BOP de data 25 de agosto de 2022
Normativas relacionadas
Do 26 de agosto ao 9 de setembro
Consultar o apartado anterior: "Documentación necesaria".
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1902
Seis meses, a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
O período utilizado para a corrección de deficiencias e/ou achega de documentos interromperá o citado prazo.
Desestimatorio
O prazo de presentación de correccións será de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación.
En caso de optar pola corrección telemática, deberá facerse mediante o trámite de Achega de documentación dispoñible nesta sede.
Recursos posibles:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible