Convocatoria “Mover os baixos”
Pechado
Dende o 06/03/2023 ata o 31/07/2023
Subvencións para promover a consolidación do tecido comercial, profesional, hostaleiro e empresarial, así como apoiar o mantemento e creación de emprego.
Convócanse subvencións coa finalidade de incentivar a dinamización do tecido empresarial local apoiando o proceso de creación de empresas e aquelas empresas que implementen medidas innovadoras e sostibles cun impacto positivo na cidade e no desenvolvemento da economía local no municipio da Coruña no marco do Plan de dinamización "Mover os baixos".
Telemático
Axudas, becas e subvencións
Sector público, Trámites e xestións, Comercio
Emprego, Empresa, Turismo, Porto, Mercados, Consumo
Si
Tramitación electrónica
Pequenas e medianas empresas (Pemes), persoas autónomas e Entidades de economía social reguladas na lei 6/2016 de 4 de maio de economía social de Galicia e lei estatal 5/2011 de 29 de marzo .
Requisitos das persoas beneficiarias (base 7.2 da convocatoria):
Son requisitos esixibles ás persoas beneficiarias, que deberán estar cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o prazo de execución da actividade subvencionada, ademais dos previstos con carácter xeral nos artigos 11 e 13 da Lei xeral de subvencións e os especificamente fixados nos apartados anteriores, os seguintes:
7.2.1. Requisitos comúns:
Presentación gratuíta
Titular da Concellaría Delegada de Comercio, Mercados e Barrios
Normativas relacionadas
Órgano xestor:
O prazo máximo de resolución e notificación/publicación da concesión das subvencións é de seis meses, desde a data na que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou Organismo competente para a súa tramitación.
O período utilizado para a corrección de deficiencias e achega de documentos de solicitudes interromperá este prazo, ao amparo do artigo 22.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
** Nota: a relación completa da documentación para presentar fica detallada nas Bases da convocatoria
Este trámite só se pode efectuar por vía telemática.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Desestimatorio
Recursos posibles:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible