CUID
Telemático
Tramitación electrónica
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Dominio Público
Deporte
Deportes
Si
Este procedemento ten por obxecto establecer a repartición de horas de uso das instalacións deportivas municipais, para a actividade deportiva de adestramento, ás entidades que o soliciten.
Convocatoria usos instalacións deportivas 2024
Dende o 06/06/2024 ata o 15/06/2024
Ningún
Titular da Concellaría Delegada de Deportes
Poderanse solicitar ata un máximo de 15 opcións (instalación + periodicidade semanal + franxa horaria) diferentes. Estas deberán cinguirse á oferta de instalacións recollida no Anexo I.
En tanto non se resolva esta convocatoria, continuarán vixentes os usos de instalacións deportivas da anualidade anterior.
Normativas relacionadas
6 a 15 de xuño de 2024
NON ADMITE TRAMITACIÓN PRESENCIAL. É OBRIGATORIA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática (á que se accede premendo no botón TRAMITAR EN LIÑA da parte superior desta pantalla), debe ter preparados no seu equipo para ser achegados ao formulario, os ficheiros necesarios, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer do programa Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1782
Ao formulario web que se abrirá a continuación deberá incorporar obrigatoriamente:
- As súas preferencias (máximo 15) de instalación/periodicidade/horario (segundo Anexo I).
- O documento de declaración responsable dispoñible nos apartado "Documentos Relacionados".
Tras finalizar o prazo de presentación publicarase a listaxe de solicitudes na páxina web de Deportes, e poderase requirir documentación nun prazo de 5 días hábiles.
Resolución provisional:
Formularase unha proposta de resolución provisional, que se publicará na páxina web de Deportes (www.coruna.gal/deportes), no taboleiro de edictos municipal, nos taboleiros de anuncios do Servizo de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor, Cidade Deportiva da Torre Arsenio Iglesias e Polideportivo do Barrio das Flores) e no teléfono de información gratuíta 010.
Alegacións e presentación de documentación:
Contra a proposta de resolución provisional poderanse interpoñer alegacións no prazo de 5 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao de publicación. As alegacións deberán presentarse por Sede electrónica do Concello da Coruña.
Resolución definitiva:
Valoradas as alegacións, publicarase a resolución definitiva.
Recursos:
A resolución do procedemento porá fin á vía administrativa e contra a mesma poderá interpoñerse desde a data da súa publicación, no prazo dun mes, o recurso potestativo de reposición, ou no prazo de dous meses, o recurso contencioso administrativo.
A Administración poderá comprobar o uso das instalacións á comunicación presentada.
A inexactitud, falsidade ou omisión, da declaración responsable leva a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide o continuar gozando das instalacións, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.
Recursos posibles
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible