Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Emenda de subvencións para entidades deportivas

Corrección Subvencións para entidades deportivas

Inscricións:

Pechado

Dende o 09/08/2024 ata o 23/08/2024

Páxina web:

Tramitar en liña

Solicitude presencial

Achega de documentación para a corrección de expedientes de subvencións para entidades deportivas do concello da Coruña.

Canles:

Telemático, Presencial

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Deporte, Sector público

Órgano responsable:

Deportes

Vixente:

Si

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Solicitantes de subvencións para entidades deportivas 2024 aos que se lles requiriu documentación.

Requisitos:

Este trámite debe utilizarse exclusivamente para emendar documentación que fose requirida na Listaxe de corrección da convocatoria de subvencións para entidades deportivas 2024

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Deportes

Máis información:

Tipos de actividades subvencionadas:

  • Tipo 1.- Actividade deportiva
  • Tipo 2.- Actividade física ou deporte para todos
  • Tipo 3.- Campamentos ou campus
  • Tipo 4.- Actividades deportivas de carácter extraordinario

Unha mesma entidade deportiva só pode solicitar un máximo de dúas (2) subvencións de entre o total de tipos enumerados na Base 3. Por tanto, só se poderán subvencionar dúas (2) actividades distintas dunha mesma entidade. As actividades solicitadas poden ser dun único tipo dos enumerados na Base 3 ou tipos distintos.

No caso de que a entidade deportiva perciba unha axuda de forma directa (convenio nominativo) por parte da Concellería de Deportes ou dun ente colaborador, só terá dereito a solicitar unha única subvención de calquera dos 4 tipos recollidos na base 3, coa condición de que sexa inequívoco que a actividade que se pretenda subvencionar non estea financiada polo convenio nominativo.

O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será o 80% do total del. En consecuencia, o coeficiente de financiamento propio será como mínimo do 20%. O orzamento máximo total en ningún caso será inferior a 2.000 euros; na fase de xustificación da actividade non se admitirán diminucións de orzamento total executado por baixo do devandito límite. Se así sucedese, perderase o dereito á subvención e iniciarase o expediente de reintegro das cantidades percibidas, de ser o caso.

Presentación

Prazo de presentación:

Desde o 09/08/2024 ata o 23/08/2024

Documentación necesaria:

Deberase presentar aquela documentación que para cada solicitante se requirise na Listaxe de Corrección da convocatoria de subvencións para entidades deportivas 2024.

Documentos relacionados

  • Solicitude subvenciones para entidades deportivas (mod. 130) (310 KB)
  • Anexo I - Tipo 1: Criterios avaliables actividades - galego (3 MB)
  • Anexo I - Tipo 1: Criterios avaliables actividades - castelán (5 MB)
  • Documentos relacionados

Canles de presentación

  • Presencial

    Presencial

    Como se fai?:

    NON ADMITE TRAMITACIÓN PRESENCIAL. É OBRIGATORIA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA.

  • Internet

    Internet

    Que se necesita?:

    • Deberá dispoñer de certificado dixital.
    • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
    • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

    Como se fai?:

    • A través desta Sede electrónica municipal.

    En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

    a) As persoas xurídicas.

    b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

    c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

    d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Unha vez finalizado o prazo de corrección, a mesa de valoración examinará a documentación presentada, aplicará o baremo establecido na convocatoria e realizará un informe co resultado da valoración.

Este informe servirá de base para redactar unha proposta de resolución provisional, que se publicará no taboleiro de anuncios municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible