Concello da Coruña

Concello da Coruña

SSBCb

Emenda das Bolsas comedor 2023_2024

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar, Educación

Órgano responsable:

Servizos Sociais

Vixente:

Si

Achega de documentación para a emenda de expedientes de solicitude de Bolsas comedor correspondente ao curso 2023-2024

Emenda nas Bolsas comedor convocatoria 2023-2024

Inscricións:

Dende o 23/06/2023 ata o 12/07/2023

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Solicitantes de bolsas comedor do curso 2023/2024 a quen se lle requirise documentación

Requisitos:

Este trámite debe utilizarse exclusivamente para emendar documentación que fose requirida na Listaxe de corrección da convocatoria de bolsas comedor correspondente ao curso 2023/2024.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación

Máis información:

Os efectos da non presentación ou presentación incorrecta da documentación solicitada serán:

A) Desistencia da petición, se son requisitos do apartado 6 ou a documentación do apartado 10 da convocatoria.

B) Non puntuación nos apartados correspondentes, se se refire a documentación complementaria, do apartado 11 da convocatoria.

Presentación

Prazo de presentación:

Desde o 22/06/2023 ata o 12/07/2023

Documentación necesaria:

Deberase presentar aquela documentación que para cada solicitante se requirise na Listaxe de emenda publicada no Taboleiro de anuncios municipal.

Documentos relacionados

  • Mod 088 Solicitude de bolsa comedor 2023 (200 KB)
  • Anexo I Autorización Consulta Proxenitor. Bolsas Comedor 2023 (329 KB)
  • Anexo II Oposición motivada. Bolsas Comedor 2023 (607 KB)
  • ANEXO III Declaración ingresos proxenitores. Bolsas Com. 2023 (845 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Achegar a documentación que se lle requirise na Listaxe de emenda ou corrección

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas. Sempre con cita previa
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello

Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Comprobe que dispón de todos os documentos que se lle requiriron na Listaxe de emenda.

Como se fai?:

Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Soamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando, preferentemente a citada ferramenta de Autofirma, desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1542

AVISO IMPORTANTE:

Este procedemento debe utilizarse exclusivamente para emendar documentación requirida na Listaxe de emenda ou corrección da convocatoria de bolsas comedor correspondente ao curso 2023/2024.

Teléfono

Despois

E despois?:

Unha vez finalizado o prazo de corrección, a mesa de valoración examinará a documentación presentada, aplicará o baremo establecido na convocatoria e realizará un informe co resultado da valoración.

Este informe servirá de base para redactar unha proposta de resolución provisional, que se publicará no taboleiro de anuncios municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión