CPO
Presencial, Telemático
Descarga e envío do formulario
Declaracións e comunicacións dos interesados
Vivenda, Sector público, Urbanismo e infraestruturas
Urbanismo
No
É a habilitación necesaria para poder iniciar a execución de obras de escasa entidade construtiva e sinxeleza técnica que non requiran proxecto arquitectónico, en inmobles non catalogados.
Na apartado Documentación necesaria, indícase a tipoloxía de obras que require comunicación previa e a documentación requirida para cada suposto.
A comunicación previa debe presentarse a través do formulario 048 e acompañarse da documentación preceptiva para cada tipo de obras e do pagamento da taxa municipal.
As obras poden comezarse transcorridos 15 días hábiles desde a presentación da documentación completa.
A comunicación non é eficaz en caso de non estar completa a documentación ou ser obras non axustadas á normativa urbanística.
Antes de presentar esta comunicación, debe comprobar que o edificio no que se realizarán as obras non está catalogado.
Execución de Obras mediante comunicación previa
Promotor da obra
Debe presentar:
Se non presenta toda esta documentación a comunicación previa será ineficaz, polo que non poderán iniciarse as obras.
Coa comunicación previa tamén poderá presentarse o pagamento do Imposto de Construcións, Instalacións e obras (Ordenanza Fiscal nº 55).
O xustificante de abono da taxa (Ordenanza Fiscal nº3) é un requisito imprescindible para poder tramitar a comunicación previa*.
O xustificante de abono do Imposto de Construcións Instalacións e obras (Ordenanza Fiscal nº 55) poderá achegarse no momento de presentación da comunicación previa ou no prazo máximo dun mes para contar desde a data de inicio das obras.
A autoliquidación de ICIO poderase realizar na oficina virtual do contribuínte. Tamén, do mesmo xeito que a autoliquidación da *Ordenanza Fiscal 3, solicitando os impresos da mesma ao correo registrourbanismo@coruna.gal, no que deberá indicar a superficie afectada pola obra, o orzamento de execución material e a natureza da obra.
Titular da Concellaría Delegada de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade
Normativas relacionadas
Debe presentarse con 15 días hábiles de antelación á execución da obra.
Suposto 1: Intervencións puntuais en elementos interiores das vivendas ou locais tales como: conservación e mantemento das paredes, chans, falsos teitos, reformas de cociñas e baños que non modifiquen a distribución do inmoble, ou actuacións similares.
Suposto 2: Rehabilitación interior de vivendas que non requiran proxecto arquitectónico (que non impliquen unha redistribución do espazo das vivendas nin afecten á estrutura ou configuración da fachada).
Suposto 3: Reforma interior dun local para implantar unha actividade. Obras de menor alcance que non requira un proxecto arquitectónico.
Suposto 4: Pintado, conservación ou impermeabilización de fachadas (incluído o cambio de carpintería exterior), tabiques, patios e terrazas, e cambios de elementos deteriorados da cuberta, sen afectar á súa estrutura. Instalación de baixantes, chemineas, sistemas de aire acondicionado e outras instalacións comúns.
Suposto 5: Illamento de fachadas e cubertas de edificios con sistemas SATE ou da mesma técnica construtiva, acreditando o aforro enerxético nun 30% mínimo.
Suposto 6: Obras de conservación, mantemento e substitución dos elementos comúns no interior dos edificios, que non afecten a elementos estruturais nin requiran proxecto arquitectónico, así como a instalación de elementos non permanentes, destinados á accesibilidade.
Suposto 7: Instalación de toldos, letreiros, rótulos e elementos de publicidade nas fachadas dos edificios
Suposto 8: Construción de peches de parcelas e solares que non impliquen a construción de muros de contención de terra.
Suposto 9: Instalación de antenas (excepto as de telefonía móbil), infraestruturas comúns de telecomunicacións e paneis solares ou fotovoltaicos, que non impliquen obras que alteren a estrutura do edificio.
Suposto 10: Reparación ou modificación de piscinas e instalación de elementos exteriores auxiliares.
Documentos relacionados
Presentar o modelo específico de solictiude (modelo 048) e o xustificante de pagamento da taxa, xunto coa documentación que, para cada caso, está establecida no apartado DOCUMENTACIÓN NECESARIA.
Onde se fai?
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática (á que se accede premendo no botón TRAMITAR EN LIÑA da parte superior desta pantalla), debe ter preparados no seu equipo para ser achegados: o xustificante de pagamento de taxas, xunto cos ficheiros necesarios en función da natureza das obras solicitadas, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria". Neste caso non é necesaria a presentación do modelo 048, que é substituído polo formulario web de solicitude.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer do programa Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1102
AVISO IMPORTANTE
1.- Lembre que debe comprobar se o edificio no que se realizarán as obras está catalogado, pois en tal caso o procedemento para seguir non será de comunicación previa, senón que deberá solicitar unha licenza de obra. Pode comprobalo aquí.
2 - Unha vez cuberto o formulario web ao que se accede con este botón, lembre que debe achegar a documentación específica e o xustificante de pagamento da taxa, pois pola contra a comunicación previa será ineficaz e non poderá executar a obra.
Transcorrido o prazo de quince días hábiles, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos constitúe título habilitante para o inicio das obras, salvo que o Concello, durante este prazo de quince días hábiles, requira a corrección de deficiencias.
O promotor ou promotora debe aboar o imposto de construcións, instalacións e obras (Ordenanza Fiscal 55) no prazo máximo dun mes contado desde a data da presentación da comunicación; o tipo de gravame é do 4% aplicado sobre o orzamento de execución material. No caso de que tramitase a comunicación por vía telemática recibirá a autoliquidación por correo electrónico. O abono da taxa e ICIO faranse efectivos a través da entidade bancaria correspondente.
Os xustificantes de aboamento dos tributos deberán ser incorporados a través do procedemento de Sede electrónica "Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente" dispoñible nesta ligazón. Ao realizar este trámite, deberá indicar o número de expediente da súa solicitude, información que está dispoñible no correo electrónico ao que se lle envían as cartas de pagamento.
As obras deben finalizarse no prazo comunicado, que non poderá exceder dun ano. Se nada dispón a comunicación previa, o prazo de execución máximo é de 6 meses.
Transcorrido o prazo máximo para finalizar as obras, a persoa interesada queda inhabilitada para empezalas ou continualas.
A Administración poderá comprobar o axuste da obra á comunicación presentada.
A inexactitude, falsidade ou omisión, da comunicación previa leva a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide a execución da obra, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.
Recursos posibles
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible