Concello da Coruña

Concello da Coruña

AAODPPVAR

Reapertura autorización da ocupación do dominio público para a venda ambulante. Estadio de Riazor.

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Dominio Público

Materia:

Sector público, Comercio

Órgano responsable:

Uso e Utilización do Dominio Público, Emprego, Empresa, Turismo, Porto, Mercados, Consumo

Vixente:

Si

Outorgamento de autorizacións de aproveitamento e ocupación de dominio público, en réxime de concorrencia, para a venda ambulante nas inmediacións do estadio de Riazor os días de partido de fútbol

Reapertura autorización da ocupación do dominio público para a venda ambulante. Estadio de Riazor.

Inscricións:

Dende o 28/02/2023 ata o 12/04/2023

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas e xurídicas

Requisitos:

  1. Está ao corrente das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e con este Concello.
  2. Cumprir as obrigas establecidas na lexislación vixente en materia de autorizacións de residencia e traballo (en caso de prestadores procedentes de terceiros países).
  3. Reunir as condicións esixidas pola normativa reguladora do produto obxecto da venda ambulante.
  4. Non estar incluído en ningún dos casos de incapacidade ou incompatibilidade establecidos na lei para o exercicio do comercio.
  5. Non realizar actividades con produtos prohibidos.
  6. Dispoñer, no caso de que se realicen conexións eléctricas, dun certificado de instalación eléctrica expedido pola Consellería competente en materia de Industria, así como xustificante da súa presentación na distribuidora eléctrica e o pagamento efectuado na mesma.
  7. Cumprir, no seu caso, coas regulamentacións técnicas dos vehículos tenda, furgonetas ou remolques para o exercicio da venda ambulante e a preparación de produtos alimentarios.
  8. No seu caso, superar a ITV do vehículo e/ou remolque.
  9. Cumprir, no seu caso, coas regulamentacións técnicas dos vehículos tenda, furgonetas ou remolques para o exercicio da venda ambulante e a preparación de produtos alimentarios.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Tras a adxudicación, o concesionario terá que aboar a taxa correspondente de acordo coa Ordenanza aplicable: nº 31

Órgano que resolve:

Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Máis información:

A renuncia ao posto adxudicado supoñerá a exclusión automática das ofertas do solicitante presentadas ao resto de postos aos que concorra.

A renuncia ao posto adxudicado poderá dar lugar a:

  • Unha indemnización ao Concello polo importe ofrecido para a tempada.
  • A inadmisión do solicitante ou da empresa á que represente na seguinte convocatoria.

Outra información que o Concello considera de interese para os cidadáns

Prohíbense as prácticas calificables como colusorias, consistentes en que unha mesma persoa presente unha proposición a título individual ou participando á vez en diferentes sociedades ou entes sen personalidade xurídica, coa intención clara de controlar e monopolizar o postos obxecto de licitación, reservándose en tal caso o Concello a facultade de excluír as ofertas nas que se aprecie a súa existencia, previa audiencia aos licitadores sospeitosos de tal conduta.

Presentación

Prazo de presentación:

Órgano xestor:

  • Servizo de Concesións e Patrimonio Municipal

30 días hábiles desde a publicación no BOP num 39 do 27 de febreiro de 2023

Documentación necesaria:

A recollida nos Pregos que rexen esta convocatoria.

O "Arquivo A/Sobre A: Declaración responsable":

  • Persoas xurídicas: presentación telemática obrigatoria segundo formato descargable da Sede electrónica (ANEXOS I e ANEXO III do Prego de cláusulas administrativas).
  • Persoas físicas: presentación telemática ou presencial.

O "Arquivo B/Sobre B: Oferta económica":

  • Presencial - para todos os participantes (persoas físicas e xurídicas). O documento recollido como ANEXO II ao Prego de prescricións técnicas, tamén descargable desde a Sede electrónica.

Documentos relacionados

  • PCAP galego (1 MB)
  • PCAP castelán (1 MB)
  • PPT castelán (701 KB)
  • PPT galego (695 KB)
  • Declaración responsable persoas físicas-xurídicas Anexo I (85 KB)
  • Proposición económica Anexo II (113 KB)
  • Declaración responsable de non incorrer en prohibición de contratar Anexo III (50 KB)
  • Plano situación (2 MB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Obrigatoriamente, o ANEXO II coa proposición económica debe presentarse en modo presencial nun Rexistro Xeral. Os Anexos I e III poderán presentarse en modo presencial se se trata de persoas físicas; no caso de persoas xurídicas, deberán presentarse de modo telemático; como se establece na apartado DOCUMENTACIÓN NECESARIA.

Como se fai?:

Nas Oficinas de rexistro municipais, así como nos rexistros doutras Administracións Públicas. Solicitando cita previa para a dependencia municipal na que vaia efectuar a presentación.

Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática (á que se accede premendo no botón TRAMITAR EN LIÑA da parte superior desta pantalla), debe ter preparados no seu equipo para ser achegados: os ficheiros necesarios, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria". (ANEXO I e ANEXO III)

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer do programa Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1862

Lembre ter toda a documentación para inserir preparada

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

2 meses

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo
  • Reclamación económico-administrativa (no seu caso)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión