SAD
Telemático, Presencial
Tramitación electrónica
Prestacións, Axudas, becas e subvencións
Sociedade e benestar
Servizos Sociais
Si
Conxunto de atencións domiciliarias con carácter personalizado, polivalente e público, de natureza preventiva e asistencial, orientada ao apoio para a realización de actividades básicas da vida diaria e a socialización
SAD Basico
Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, as persoas físicas que para si ou para as e os seus familiares reúnan os requisitos establecidos na Ordenanza municipal do servizo de axuda a domicilio.
Catro grupos, segundo a ordenanza:
I. Persoas maiores con dificultades graves na súa autonomía persoal e que presentan dificultades para a realización de determinadas tarefas de carácter persoal ou doméstico.
II. Persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, que afecte significativamente á súa autonomía persoal, que viven sós ou non poden ser atendidos suficientemente polas súas familias.
III. Familias con especial dificultade de atención a menores debido a carencia de hábitos para un bo funcionamento da vida cotiá, carencia de apoios da familia extensa, ou problemas no desenvolvemento da estrutura e dinámica familiar, dando prioridade a familias con menores de 12 anos.
IV. Outras persoas ou familias que se atopen en situacións non especificamente contempladas nos grupos anteriores, pero que sofren unha crise de carácter temporal (persoas convalecentes tras unha hospitalización, persoas enfermas terminais e que se inclúen na atención domiciliaria sociosanitaria).
Residir no municipio da Coruña.
SAD Básico, orientado a:
A presentación da instancia non ten custo.
En caso de concedérselle algunha prestación, haberá que estar ao disposto na Ordenanza fiscal núm. 18, a cal consiste nun copago entre a administración e a cidadá ou cidadán que dependerá dos servizos concedidos e do nivel de renda deste.
Titular da Concellaría Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación
É unha prestación de servizos domiciliarios por un ou unha auxiliar de axuda a domicilio. As tarefas para realizar pola ou polo auxiliar de axuda a domicilio estableceranse no proxecto de intervención, unha vez que se acorden coa persoa usuaria e/ou a súa familia, e centraranse nas atencións de carácter persoal e doméstico, encamiñadas a atender a necesidades básicas da vida diaria e incrementar a súa autonomía.
Este servizo é incompatible coa percepción de prestacións económicas ou servizos do Sistema Galego de Atención á Dependencia. (Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2012, do 4 de decembro)
Normativas relacionadas
Prazo máximo de resolución e notificación: 3 meses desde a presentación da solicitude
mod 002 Solicitude de servizos de maiores, dependencia e discapacidade: Solicitude de servizos de maiores, dependencia e discapacidade.
mod 034 Domiciliación de tributos locais: folla de domiciliación bancaria para o pago da taxa municipal
Anexo 1. Autorización consulta de datos AEAT
Anexo 2. Declaración responsable de patrimonio
Documentos identificativos: Documento de identificación do solicitante, DNI/NIF, pasaporte ou NIE no caso de persoas estranxeiras, de todos os membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica.
Considéranse, a estes efectos, computables: a persoa solicitante, cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillas e fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan economicamente da persoa solicitante. No caso de que a persoa que asina a solicitude sexa representante legal ou gardadora de feito, tamén se deberá achegar o seu DNI/NIF, pasaporte ou NIE no caso de persoas estranxeiras.
Documentación acreditativa de ingresos:
Poderase substituír pola autorización asinada que consta na solicitude e no anexo I, a favor do Concello da Coruña, para realizar as comprobacións oportunas.
En caso de non autorizar, presentarase:
Certificado de prestacións do estranxeiro se a persoa solicitante ou membros da unidade de convivencia computables para os efectos da capacidade económica son perceptoras destas.
Copia da declaración da renda ou certificado negativo desta expedido pola Axencia Tributaria do último exercicio económico, da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables para os efectos do cálculo da capacidade económica.
Certificado de pensións (expedido polo INSS ou pola entidade que proceda), prestacións, nómina da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables.
Tarxeta sanitaria: fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante ou no seu caso da mutualidade correspondente.
Informe médico: informe médico sobre estado de saúde.
Sentenza de incapacitación xudicial, modificación da capacidade de obrar ou adopción de medidas de apoio: copia da sentenza de incapacitación xudicial, se é o caso.
Resolución do recoñecemento de grao de dependencia: resolución de valoración de dependencia (recoñecemento de grao) concedida ou copia da solicitude de valoración de dependencia.
Libro de familia: copia do libro de familia, se o Servizo de Axuda a Domicilio se vai prestar a menores de idade.
mod 002 Solicitude de servizos de maiores, dependencia e discapacidade: Solicitude de servizos de maiores, dependencia e discapacidade.
mod 034 Domiciliación de tributos locais: folla de domiciliación bancaria para o pago da taxa municipal
Anexo 1. Autorización consulta de datos AEAT
Anexo 2. Declaración responsable de patrimonio
Documentos identificativos: Documento de identificación do solicitante, DNI/NIF, pasaporte ou NIE no caso de persoas estranxeiras, de todos os membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica.
Considéranse, para estes efectos, computables: a persoa solicitante, cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillas e fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan economicamente da persoa solicitante. No caso de que a persoa que asine a solicitude sexa representante legal ou gardadora de feito, tamén deberá achegar o seu DNI/NIF, pasaporte ou NIE no caso de persoas estranxeiras.
Documentación acreditativa de ingresos:
Poderase substituír pola autorización asinada que consta na solicitude e no anexo I, a favor do Concello da Coruña, para realizar as comprobacións oportunas.
En caso de non autorizar, presentarase:
Certificado de prestacións do estranxeiro se a persoa solicitante ou membros da unidade de convivencia computables para os efectos da capacidade económica son perceptores destas.
Copia da declaración da renda ou certificado negativo da mesma expedido pola Axencia Tributaria do último exercicio económico, da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables para os efectos do cálculo da capacidade económica.
Certificado de pensións (expedido polo INSS ou pola entidade que proceda), prestacións, nómina da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables.
Tarxeta sanitaria: fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante ou no seu caso da mutualidade correspondente.
Informe médico: informe médico sobre estado de saúde.
Sentenza de incapacitación xudicial, modificación da capacidade de obrar ou adopción de medidas de apoio: copia da sentenza de incapacitación xudicial, se é o caso.
Resolución do recoñecemento de grao de dependencia: resolución de valoración de dependencia (recoñecemento de grao) concedida ou copia da solicitude de valoración de dependencia.
Libro de familia: copia do libro de familia, se o Servizo de Axuda a Domicilio se vai prestar a menores de idade.
De forma presencial no Rexistro Xeral nas localizacións indicadas máis abaixo.
Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez que cubriu a solicitude telemática (modelo 002), debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a prestación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través da sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo o caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos as e os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.
Desestimatorio
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible