AMEEA2020
Presencial, Telemático
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Vivenda, Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación
Vivenda e Rehabilitación
Si
Achega da documentación para xustificar a execución das obras da convocatoria de Axudas para a mellora da eficiencia enerxética, a accesibilidade e a conservación en edificios de vivendas, cunha antigüidade maior a 50 anos.
Xustificación execución obras Axudas para a conservacion, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas
Dende o 10/02/2023
As Comunidades de Propietarios e cada un dos propietarios en proporción á súa cota de participación no inmoble nas obras sobre os elementos comúns do edificio.
O propietario ou o ocupante con autorización deste, nas obras en vivendas.
Os promotores, no caso de rehabilitación integral dun edificio non ocupado cando se destine ao seu domicilio habitual, a entidades benéficas sen fins de lucro, ou a vivendas cualificadas como vivenda protexida de réxime xeral destinada a alugueiro protexido.
Achegar a documetación xustificativa
Ningún
Titular da Concellería Delegada de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade
Normativas relacionadas
O prazo para a presentación da documentación xustificativa da execución e aboamento das obras é de 15 días hábiles a contar desde a finalización da obra obxecto de subvención, fixada na resolución de concesión da subvención.
Documentación para a xustificación de obras e aboamento da subvención
Documentos relacionados
Deberá cubrir o Modelo 05 acompañado da documentación xustificativa que proceda. Deberá indicar oº n de expediente, que poderá coñecer no apartado da Sede electrónica: Cartafol Cidadán - Os meus expedientes
Aqueles suxeitos que non se atopen obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, deberán presentar a solicitude no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de1 de outubro (vide apartado Onde se fai)
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 119-1) debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1382
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible