Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2024

A tradicional recepción ao club en María Pita terá lugar este domingo 26 de maio, desde as 19.00 horas

O Concello habilitará mañá á noite un dispositivo especial de seguridade na fonte de Catro Camiños, co gallo dos festexos de ascenso do Real Club Deportivo

Co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das celebracións, está previsto cortar ao tráfico rodado todas as rúas próximas á fonte, tanto en sentido de entrada como de saída

O Concello habilitará este sábado 25 un dispositivo especial de seguridade na contorna da fonte de Catro Camiños co gallo dos festexos polo ascenso do Real Club Deportivo á Segunda División.

Neste sentido, está previsto pechar ao tráfico todas as rúas que desembocan na fonte de Catro Camiños, distribuídas en catro seccións. No sector norte cortarase a avenida Fernández Latorre -tanto en sentido de entrada como de saída á rúa Costa da Palloza-. No sector oeste inhabilitarase a circulación rodada no inicio da rúa Doutor Enrique Hervada e tamén se cortará o acceso desde o paseo de Alexandre Bóveda.

Xa no sector sur, cortarase o acceso desde a rúa Castro Chané e inhabilitarase o acceso á rúa Marqués de Amboage, así como á avenida Fernández Latorre, tanto en sentido de entrada cara á fonte como en dirección de saída cara á rotonda de Ramón y Cajal.

Por outra banda, no sector leste cortarase o acceso e a saída desde a avenida de Oza, así como o acceso desde a rúa Concepción Arenal, lindeiro á Torre Efisa.

O dispositivo habilitarase antes de que remate o partido fronte ao Real Unión

O plan especial de tráfico que habilitará mañá o Concello na fonte de Catro Camiños activarase durante o desenvolvemento do partido que enfrontará o Real Club Deportivo e a Real Unión Club no estadio municipal de Riazor. 

O encontro entre branquiazuis e irundarras comezará ás 19.00 horas e rematará, previsiblemente, ás 21.00 horas, polo que a esas alturas xa estará disposto o perímetro de seguridade necesario de cara ás celebracións posteriores.

Desta forma, coa posta en marcha do dispositivo ao final da tarde, o Concello busca facilitar o paso de vehículos nas súas horas de máis actividade, durante o día, e ata o inicio dos festexos.  

Cómpre lembrar que, xa este venres, se acoutou un valado perimetral arredor da fonte e se cortou o carril de circulación máis próximo á rotonda da fonte, co obxectivo de facilitar os preparativos da celebración que terá lugar este sábado pola noite.

O Concello prega á cidadanía evitar o uso de vehículos na contorna da fonte a partir das 20.00 horas, para facer máis sinxelo o traballo das e dos operarios que levarán a cabo o despregamento dos valados de protección e seguridade preto da fonte.

Recepción oficial

Por outra banda, a tradicional recepción oficial ao club en María Pita con motivo do ascenso á Segunda División terá lugar este domingo 26 desde as 19.00 horas. Os xogadores e o corpo técnico do club serán recibidos no Concello e sairán ao balcón para saudar á afección que se congregue na praza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión