Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de febrero de 2024

O Concello mellora o servizo de Atención Cidadá cunha nova ambulancia

A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, recibiu ao vehículo que permite o seu uso asistencial ou medicalizado

A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz Romero, recibiu esta mañá a nova ambulancia da área de Seguridade Cidadá. Con ela, o Concello da Coruña mellora o servizo de atención cidadá dispoñendo dun novo vehículo para os servizos de emerxencias e prevención.

A concelleira, acompañada dun grupo de voluntarios e voluntarias de Protección Civil, explicou as melloras que supón a adquisición do vehículo. "Trátase dunha ambulancia máis longa que as ambulancias estándar, o que permite que poida ser certificada como ambulancia básica tipo B, mais tamén tipo C, cumprindo todas as especificidades para ser medicalizada". O vehículo, de marca Renault Master L3 H2, ten unha cilindrada de 2.300 CC e 145 Cv. Está dotada dun sistema de luces perimetrais de emerxencia así como sinalización acústica con función de día e noite, atenuando o son para respectar os decibelios recomendados en materia de saúde pública. Ademáis posúe unha cama con desprazamento lateral, o que garante unha correcta atención do paciente facilitando o acceso desde ambos os lados do vehículo.

"A ambulancia destinarase a tarefas propias dos servizos de Seguridade Cidadá, tanto en emerxencias como de prevención para concertos, actividades deportivas ou espectáculos públicos que precisen dun dispositivo de seguridade especial" sinalou Paz. Este novo vehículo substiutirá ao anterior, que se renovará para actuar como punto de asistencia sanitario fixo podendo dispoñer así de máis servizos para cubrir os eventos.

A concelleira lembrou que a alcaldesa, Inés Rey, comprometérase coa área de Seguridade Cidadá, e especificamente coa Agrupación de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil, a contar cunha nova ambulancia este ano 2024. "Hoxe esa promesa é unha realidade que amosa o compromiso real deste Goberno local coa seguridade e atención cidadás de todos os veciños e veciñas da Coruña" concluíu a concelleira.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión