Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de noviembre de 2024

A alcaldesa recibe aos bombeiros coruñeses que axudaron en Valencia a facer fronte aos efectos da DANA

O Concello mobilizou dúas quendas de voluntarios con 12 e 13 persoas xunto con cinco vehículos especializados para axudar no dispositivo

O Concello da Coruña, en resposta á situación de emerxencia derivada da DANA en Valencia, enviou dous equipos de bombeiros voluntarios para colaborar nas tarefas de rescate e asistencia.

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá, acompañada pola concelleira de Atención e Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, a unha delegación dos bombeiros desprazados para agradecerlles a súa solidaridade e colaboración a disposición da Generalitat Valenciana.

En dúas quendas, o Concello mobilizou 12 e 13 bombeiros voluntarios xunto con cinco vehículos especializados. Estes incluían un autobús, vehículos de intervención rápida (BNP 32 e BLC 66), un vehículo de apoio loxístico (FUV 64) e unha furgoneta en coordinación coa Xunta de Galicia. Tamén transportaron equipos e materiais como xeradores e bombas de auga para actuar en áreas inundadas, ferramentas hidráulicas e de rescate.

A alcaldesa trasladoulle "os parabéns en nome de toda a cidade" polo traballo realizado en diferentes localizacións, como Massanassa, Catarroja e Paiporta, realizando tarefas como liberación de garaxes, achique de auga e revisión de vehículos e en colaboración coa UME no Barranco de Torrent para a liberación de vehículos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión