Baixa definitiva dun vehículo:
Todos os vehículos deberán descontaminarse ao final da súa vida útil, antes de ser sometidos a calquera outro tratamento para previr a xeración de residuos procedentes deles. Para iso, procederase á súa recollida e descontaminación, así como as demais operacións de tratamento, coa finalidade de mellorar a eficacia da protección ambiental ao longo do ciclo de vida dos vehículos.
Quedan excluídos os vehículos de época ou históricos, con valor de colección ou destinados a museos, en funcionamento ou desmontados por pezas.
BAIXA DEFINITIVA DE VEHÍCULOS
Turismos, furgóns e furgonetas ata 3,5 TM e vehículos de 3 rodas con cilindrada superior a 50 cc.
As baixas obrigatoriamente presentaranse e tramitaranse no CAT (Centro Autorizado de Tratamento).
Documentación:
O CAT encargarase de destruír o vehículo e de anotar a baixa electronicamente no Rexistro de Vehículos da DXT.
O cerficado de destrución que emiten os centros autorizados de tratamento, xustificará a baixa definitiva do vehículo desde esa data.
Lugar de tramitación:
Centros autorizados de tratamento de vehículos
Resto de vehículos (ciclomotores, motocicletas, vehículos pesados, vehículos especiais etc.)
Poderanse presentar as solicitudes de baixa no CAT ou na Xefatura de Tráfico (a tramitación faise da mesma forma que no suposto anterior).
En ambos os casos a baixa non devengará taxa sempre que se achegue o Certificado de Tratamento Ambiental ou o vehículo teña unha antigüidade de 15 ou máis anos desde a súa matriculación en España.
Vehículos agrícolas:
Ademais da documentación citada anteriormente deberán achegar o documento acreditativo da baixa no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola da Comunidade Autónoma.
Lugar de tramitación:
BAIXA TEMPORAL DE VEHÍCULOS
Pódese tramitar a baixa temporal dun vehículo polos seguintes motivos:
Documentación:
Vehículos agrícolas:
Ademais da documentación indicada anteriormente deben achegar:
Alta do vehículo en situación de baixa temporal:
Documentación:
Vehículos agrícolas:
Ademais da documentación indicada no punto anterior deben achegar:
Lugar de tramitación: Xefatura Provincial de Tráfico
Normativa:
Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Vehículos, publicado no BOE núm. 22 do 26 de xaneiro de 1999. Corrección de erros, publicada no BOE núm. 38 do 13 de febreiro de 1999.
Real decreto 1383/2002, do 20 de decembro, sobre xestión de vehículos ao final da súa vida útil, publicado no BOE núm. 3 do 3 de xaneiro de 2003.
Orde INT/624/2008, do 26 de febreiro, pola que se regula a baixa electrónica dos vehículos descontaminados ao final da súa vida útil, publicada no BOE núm. 60 do 10 de marzo de 2008.
Onde se fai?
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible