18 de marzo de 2025
A alcaldesa presidiu a primeira mesa de traballo que ten como obxectivo compatibilizar o ocio nocturno co descanso dos veciños
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde a primeira mesa de traballo co sector hosteleiro e entidades veciñais coa finalidade de buscar puntos de encontro entre o sector e os veciños co obxectivo de buscar a mellora da convivencia. Tal e como explicou trátase de que os hostaleiros desenvolvan a súa actividade con seguridade xurídica e de que se respecte o descanso dos veciños e veciñas-
A rexedora estivo acompañada por parte do seu equipo de goberno, incluíndo a Yoya Neira (Medio Ambiente e Distrito 1), Francisco Díaz Gallego (Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda), Diana Cabanas (Emprego, Comercio e Mercados) e Montserrat Paz (Seguridade Cidadá) así como os directores de área dos diferentes departamentos.
A xuntanza, celebrada no Palacio Municipal de María Pita, contou coa presenza de diferentes colectivos veciñais: Federación de Asociacións de Veciños da Coruña, Agrupación de Veciños Orzán-Pescaría, Asociación de Veciños da Cidade Vella, Asociación de Veciños A Marina - Zona Centro e Asociación de Veciños As Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules. Ademais, representando ao sector hostaleiro, asistiron a Asociación de Empresarios de Hostalería, Asociación en Defensa dos Dereitos da Hostalería e o Ocio Nocturno e Galicia de Noite. Tamén foron invitadas persoas responsables de diferentes locais de hostalería das zonas con maior actividade da cidade.
"Coa celebración deste primeiro encontro abrimos unha fase de diálogo que ten como finalidade a busca de consensos entre as partes", indicou Inés Rey. A alcaldesa propúxolles a creación de mesas de traballo sectoriais co obxectivo de poder seguir avanzando e marcando as prioridades e propostas de cada un dos colectivos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible