8 de noviembre de 2024
O equipo dará o relevo aos 12 efectivos que dende o luns se atopan colaborando na Comunitat Valenciana en diferentes tarefas e municipios
O Concello da Coruña mobilizou un novo equipo de voluntarios dos Bombeiros da Coruña. Esta mañá, a alcaldesa despediu a 13 novos efectivos que partiron cara a Comunitat Valenciana en resposta á situación de emerxencia derivada da DANA en Valencia. Este cadro dará o relevo ao equipo de 12 bombeiros e cinco vehículos que dende este luns se atopan en Valencia a disposición da Generalitat Valenciana e en coordinación coa Xunta de Galicia, colaborando en diferentes tarefas e municipios.
En concreto, os Bombeiros da Coruña prestaron axuda nos concellos de Masanasa, Albail, Catarroja e Paiporta, realizando tarefas como liberación de garaxes, achique de auga e revisión de vehículos. Tamén prestan axuda noutras tarefas ordinarias de acordo coas necesidades da poboación das localidades afectadas.
En colaboración coa UME, os Bombeiros da Coruña estiveron traballando durante o día de onte no Barranco de Torrent en Catarroja para liberalo de vehículos, cortando árbores e retirando e inspeccionando coches así como colaborando na búsqueda de persoas desaparecidas. Continuarán coa tarefa durante o día de hoxe.
A alcaldesa agradeceulle aos Bombeiros da Coruña a súa solidariedade e disposición para axudar á poboación afectada. Así mesmo, Rey lembrou que o Concello da Coruña continuará colaborando "no que sexa preciso" e en colaboración coas administracións implicadas, mobilizando recursos e persoal para dar resposta á DANA.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible