Concello da Coruña

Concello da Coruña

Na bicicleta

ciclistas

Na actualidade son moitos os usuarios e usuarias que elixen a bicicleta como elemento de mobilidade persoal na cidade.

Coñecer ben as normas, sinais de circulación e cumprimento farán que evitemos moitos accidentes.

Lei de Tráfico e Seguridade viaria, unha nova reforma que mellorará a eficacia do sistema e a convivencia entre todos.

20 normas que todo ciclista debe coñecer

A condución de bicicletas

Guia para usuarios de la bicicleta

    UTILIZA SEMPRE O CASCO

    - É obrigatorio en vías interurbanas, pero recomendable utilizalo tamén en cidade. É o noso único elemento de seguridade pasiva e absorberá a enerxía do impacto na cabeza.

    - Sexas profesional, cicloturista ou principiante, feixe uso do casco SEMPRE.

    CIRCULACIÓN EN GRUPO

    - Está permitido circular en fila da un ou en columna de dous en dous como máximo. En ambos os casos, o grupo funciona como un só vehículo e debe circular o máis a dereita posible da vía.

    Saír en grupo debería mellorar a seguridade:

    - Unha grupeta de ciclistas é máis visible a ollos dos condutores de vehículos a motor.

    - Ante calquera neglixencia do resto de condutores, sempre haberá testemuñas. Se hai avarías ou accidentes, o resto de ciclistas debería ser solidario.

    - E se circulas en ringleira, e tes que dar substitucións, asegúrache que non se aproxima ningún vehículo cando inicies o adiantamento.

    RESPECTO Ás NORMAS DE CIRCULACIÓN

    • O ciclista e a súa bicicleta son un vehículo máis. Respecta as normas de circulación. Se o resto de vehículos ten obrigacións ou prioridades, o ciclista tamén debe respectalas (semáforos, STOP, ceda o paso, etc).
    • Se venche que respectas as normas, é máis fácil que che respecten a ti. E non esquezas que tamén podes ser sancionado.
    • Ordenanza Municipal de Circulación

    FAICHE VER:

    • O resto de vehículos cumpren coa función de ver "e ser vistos" con luces e intermitencias, e un ciclista non debe ser menos, aínda que ten que poñer máis do seu parte.
    • Cando é de noite ou en condicións de baixa visibilidade (mal tempo, túneles, etc) tanto en cidade como na estrada (obrigatorio) é imprescindible o uso de material reflector, en forma de chalecos, brazaletes ou catadióptricos en pedais ou rodas para que o resto de usuarios poidan distinguirnos a unha distancia de 150 metros.
    • E á hora de elixir a cor da roupa para circular en bicicleta, mellor escoller cores claras e rechamantes.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión