Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ondas de calor e seca

As ondas de calor e seca son consecuencia dun acusado descenso do nivel de choivas acompañadas normalmente de moita calor durante bastante tempo. Isto provoca problemas de abastecemento de auga, fatiga, mareos etc. Ante unha onda de calor, debe prestar atención ás emisoras de radio e televisión xa que nos darán as instrucións que hai que seguir.

 

  • Debe aforrar no consumo de auga, tanto nos traballos de limpeza como no aseo persoal.
  • Non malgaste a auga regando o xardín, lavando o coche etc.
  • Utilice a lavadora na súa carga máxima.
  • O exercicio físico débese realizar nas horas máis frescas. Debe manter unha boa hidratación antes, durante e despois do exercicio.
  • Prestaremos máis atención a anciáns/ás e a nenos/as, xa que son máis sensibles á calor. Deben estar sempre en lugares frescos e darémoslles auga frecuentemente.
  • Tomaremos alimentos con poucas calorías e beberemos abundante auga.
  • Usaremos roupas lixeiras e de cor clara.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión