Caracola, 1994 (Moncho Amigo, A Coruña, 1952)
É a recreación fantástica da cuncha dun enorme molusco que adquire a forma dun corno da abundancia, no que se gardan os sons do mar. Está situada en Punta Herminia, un lugar especialmente exposto ás inclemencias do mar e do clima, polo que foi recentemente restaurada. Igual que os Menhires pola Paz, a Caracola fundiuse coa paisaxe da contorna da Torre.