Caronte 1988-1992 (Ramón Conde, Ourense, 1951)
Caronte era o barqueiro do Hades que, a cambio dun óbolo, encargábase de conducir as almas das persoas mortas. Estas, provenientes do río Aqueronte, debían atravesar a lagoa Estigia para chegar á súa morada final. No seu descenso ao Hades para desaloxar o can Cervero, que impedía a saída das almas cara ao seu destino, Hércules obtén a axuda de Caronte, que o transporta na súa barca.