Menhires, 1994 (Manolo Paz, Cambados, 1957)
Trátase dun grupo escultórico de doce pezas dispostas en círculo, marcando os puntos cardinales. As xanelas que Paz quixo inserir neles dialogan coa contorna e coa Torre. Os Menhires pola Paz modificaron a paisaxe e crearon a súa propia dinámica entre a terra, o ceo e o mar, coa Torre de Hércules ao lonxe.