Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) foi cemiterio musulmán dos combatentes de orixe magrebí. Posteriormente os seus restos foron trasladados ao Cemiterio de Santo Amaro, onde aínda podemos ver unha placa que o lembra. En 1957 os corpos foron repatriados. Hoxe en día, as súas paredes están adornadas con textos que fan referencia á cidade, en latín, grego, árabe, gaélico e castelán antigo. Por iso agora lle chamamos Casa das Palabras.