Concello da Coruña

Concello da Coruña

Horarios e tarifas

Entradas

Venda de entradas no Centro de Interpretación (CIAV) (Centro de Interpretación e Atención ás persoas Visitantes) a partir das 09.45 horas ou a través da seguinte ligazón: Compra en liña

Luns, entrada libre. É necesario recoller o billete no punto de venda do CIAV.

Tarifa xeral
  • Visitantes en xeral en días que non sexan de entrada gratuíta
3,09 €
Tarifa reducida
  • Menores de 16 anos, titulares de Carné Xove e maiores de 65 anos.
  • Titulares do Carné Internacional de Estudante (ISIC) ou Carné Internacional de Profesor (ITIC).
  • Persoas en situación legal de desemprego, con presentación de documento acreditativo (España e Europa).
  • Membros de familia numerosa, con presentación de documento acreditativo.
  • Grupos de máis de 20 persoas en visita concertada.
1,55 €
Tarifa cero para colectivos especiais
  • Menores ata 3 anos
  • Persoas con algunha discapacidade física ou psíquica, previa acreditación.
  • Grupos educativos do municipio da Coruña en visita concertada.
  • Profesores responsables dos grupos ou guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, previa presentación do seu carné.
  • Visitas patrocinadas polo Concello, previa resolución que así o declare.
  • Membros da Asociación de Amigos do Arqueolóxico e do International Council of Museums.
  • Membros da Asociación Española de Museólogos.
  • Xornalistas, presentando acreditación.
  • Persoal docente debidamente acreditado.
  • Usuarios da Tarxeta Turística
  • Persoas con carné da UDC
0 €
Entrada gratuíta
  • Todos os luns do ano.
  • O Día Internacional dos Museos
  • Festivos locais
  • Semana da ciencia e Semana da ciencia na rúa.
  • Terceiro sábado de cada mes, entre outubro e xuño.
0 €

Horarios

Consulte os horarios de apertura da Torre de Hércules.

1 ao 15 de xuño e do

16 ao 30 de setembro

De luns a domingo

09.45 a 17.30 h

Última venda ás 16.15 h

1 de outubro ao 31 de maio

De luns a domingo

09.45 a 17.00 h

Última venda ás 15.45 h

16 de xuño ao 15 de setembro

De luns a domingo

09.45 a 21.00 h

Última venda ás 19.45 h

*Nota: as oficinas e a Torre de Hércules permanecerán pechadas o 24, 25 e 31 de decembro e os días 1 e 5 (tarde) e 6 de xaneiro.

En aplicación do Plan de autoprotección, o monumento permanecerá pechado con ventos de forza 7 ou superiores. Así mesmo, a terraza péchase cando os ventos superan a forza 5.

Acceso

As visitas están limitadas a 32 persoas cada media hora, a partir das 10.00 horas.

A venda anticipada no mesmo día pode dar lugar a que se cubra a capacidade diaria permitida antes da hora de peche. A Torre de Hércules informa as/os visitantes que prefiran mercar as súas entradas no momento de acceso directamente nos nosos despachos de billetes de que podería darse esta circunstancia, polo que non se lles podería permitir o acceso co fin de dar obrigado cumprimento á normativa vixente en canto a limitacións de capacidade.

O tempo na Torre

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión