NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO: 209
Infancia
Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024
Xa rematou
Calendario e proceso de inscrición:
Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.
** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.
Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.
Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.
Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.
Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.
Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.
Horario da actividade:
Recepción das/dos participantes: ás 19.00 h do sábado 4 de maio, no Auditorio do Fórum Metropolitano.
Recollida: o domingo 5 de maio, ás 13.00 h, na entrada principal do Fórum Metropolitano (organizados por colexios).
As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubrise un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.
Cota: 25 € por participante.
Inclúe: a cea do sábado (tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais para as actividades.
Aboamento: do 12 de abril ata o 15 de abril antes das 10.00 h
Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán a listaxe da agarda.
Pago da cota:
Con data tope o luns 15 de abril (ata ás 10.00 da mañá) terán que facer o ingreso da cota, por transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977 (ABANCA). E enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as e co título "Durme no Fórum".
Non se farán devolucións, agás que se cubra a praza con outro/a solicitante da listaxe de agarda.
Requisitos para participar na actividade:
Os/as participantes inscritos deberán asistir con:
Misión Fórum: Rescate imposible.
Se queres pasalo ben...
... atrévete a internarte nunha aventura sen fin, chea de sorpresas, onde todo é posible.
Moitas son as sorpresas que nos deparará esta Misión Fórum, na que pasaredes unha boa chea de misións para tratar de facer varios rescates imposibles.
Personaxes, lugares insólitos, aventuras, intrigas... estarán no Fórum para facer desa noite unha xornada divertida e única.
Pero ollo!, as cousas non son o que semellan!
Se tes o espírito aventureiro e queres vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece...
Explora os recunchos do Fórum para atopar, descubrir e vivir as innumerables misións que o noso persoal educador che vai propoñer, dunha forma totalmente distinta e disparatada.
Demostra o teu valor realizando as probas máis intrépidas e aloucadas, endexamais vividas.
Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.
Pinche aquí para acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible