A Coruña das Mulleres é un proxecto da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que quere construir de modo colectivo un fondo documental, gráfico e audivisual sobre a memoria feminina da cidade da Coruña. Dende as bibliotecas queremos contribuir a confeccionar ese fondo.
Todos os públicos
Para público en general
Desde el 05/03/2020 hasta el 09/05/2020
Ya ha finalizado
9 a 21 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Calle Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
proxecto@acorunhadasmulleres.gal
Desde a Asociación Cultural Alexandre Bóveda levan moito tempo denunciando a exclusión das mulleres do relato histórico e da memoria oficial. É necesario construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual que sexa útil para a información, a consulta e a investigación sobre a memoria feminina da cidade da Coruña.
O PROXECTO
Co proxecto "A Coruña das Mulleres" pretendese construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual sobre a memoria feminina da cidade da Coruña. Para que este proxecto teña posibilidades de éxito precisa voces moi diferentes, ensinantes e bibliotecarias, alumnado e coidadoras, operarias e escritoras... e, sobre todo, veciñas da Coruña que saiban historias e queiran tecer entre todas redes de colaboración para XUNTAS facer este traballo
Se sabes historias sobre traballos das mulleres, tes fotografías, ou algo que creas que debe ser contado, podes colaborar co proxecto deixando os teus datos en proxecto@acorunhadasmulleres.gal ou na urna que temos dispoñible na Biblioteca Sagrada Familia, Os Rosales, Forum, Castrillón e Monte Alto.
A EXPOSICIÓN
De marzo a maio, a exposición que dá difusión ao proxecto, así como tamén unha pequena selección de materiais relacionados con referentes femininos na cidade da Coruña, estarán expostos na Biblioteca Sagrada Familia, Os Rosales, Forum, Castrillón e Monte Alto.
Atoparedes a historia da inventora do libro electrónico, da primeira enfermeira que no mundo existiu, da primeira muller que dirixe un xornal no estado español... mais sobre todos atoparedes historias colectivas, das mestras represariadas, das cigarreiras e as súas folgas xa a mediados do século XIX, ou das lavandeiras...
Desde el 12/08/2024 hasta el 30/09/2024
Desde el 12/08/2024 hasta el 08/01/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible