Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ábrese trámite de información pública para a aprobación inicial da 4ª fase do Mapa Estratéxico do Ruido no Termo Municipal da Coruña

As personas interesadas poderán presentar alegacións e propostas á aprobación inicial deste novo documento durante o prazo dun mes

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/07/2024 ata o 05/08/2024

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

BOP 128 de 04.07.2024 (107 KB)

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente de data 28 de xuño do 2024, acordou aprobar inicialmente o Mapa Estratéxico de Ruído do Termo Municipal da Coruña 4ª fase, segundo o establecido na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, e consonte co procedemento establecido no artigo 10 da vixente Ordenanza de ruído da Coruña.

O que se fai público para que as persoas interesadas poidan presentar por escrito, dentro do prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (Boletín Oficial da Provincia núm. 128 de data 04.07.2024), as alegacións e propostas que estimen pertinentes, para o cal poderán examinar o antedito Mapa Estratéxico presencialmente nas oficinas da Área de Medio Ambiente do Concello da Coruña, sitas na rúa Pedro Ferrer s/n (Edificio Casa da Auga, 5ª planta) durante o devandito prazo e nos días e horas hábiles (09:00 a 13:00 h), ou ben a través da web do Servizo de Medio Ambiente: www.coruna.gal/medioambiente

As alegacións e propostas poderán presentarse, ademais de en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das Administracións públicas, a través da plataforma de "participación pública" habilitada para o efecto:

https://www.coruna.gal/medioambiente/es/servicios/participacion-publica

Acceso a documentación MAPA DEL RUÍDO:

Memoria: https://www.coruna.gal/documentos/descarga.jsp?22439380274

Planos: https://www.coruna.gal/documentos/descarga.jsp?22441280103

Memoria resumen: https://www.coruna.gal/documentos/descarga.jsp?22441380094

Visor (marcar Categoría Ruido y Año de consulta 2022): Coruña Sostenible - Información Ambiental (coruna.gal)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión