Amaral despide a xira de "Nocturnal" cun concerto no Coliseum da Coruña, como única data en Galicia
Para público en xeral
01/07/2017
Xa rematou
Apertura de portas será ás 22.00 h e o inicio do concerto ás 22.30 h
As entradas para o concerto de Amaral na Coruña teñen un prezo de desde 22 € + gastos de xestión. Non quedes sen entradas!
Despois de encher os principais pavillóns e festivais de España e Latinoamérica coa súa última xira durante este 2016, Amaral planea realizar unha serie de concertos exclusivos para despedirse dos escenarios con "Nocturnal".
Entre esas datas está a de Galicia, onde se reencontrará cos seus fans galegos nun concerto moi especial o sábado 1 de xullo no Coliseum da Coruña.
Esta última xira destacou pola súa bela aposta visual chea de misterio e marcada pola presenza da lúa no escenario. Sen dúbida, Amaral ten esa prodixiosa capacidade de superar a calidade dos seus discos, que son realmente bos, nos seus directos.
As cancións de "Nocturnal" foron compostas na súa totalidade por Eva Amaral e Juan Aguirre e eles mesmos producíronas xunto a Chris Taylor de Bluebam Studios. Toni Toledo e Ged Lynch á batería, Chris Taylor ao baixo, Tomás Virgós ao piano, John Calvert e David Antony Brinkworth nas programacións.
Amaral é un dos grupos españois máis representativos do pop rock. Está integrado por Eva Amaral e Juan Aguirre e tivo as súas orixes en Zaragoza, onde desde o ano 1993 comezaron a actuar en salas pequenas e como teloneiros doutros grupos de moda. Con todo, a calidade da súa música axiña os catapultou cara á fama que se consolidou coa edición do seu primeiro álbum Amaral en 1998, seguido da súa primeira xira en concerto. Entre 1998 e 2015 publicaron oito álbums e ningún dos traballos do grupo pasou desapercibido, senón que conseguiu encandear os seus seguidores e cultivar numerosos premios. Por indicar algúns dos seus galardóns, no ano 2002 conseguiron o Premio Ondas da Música pola súa canción "Sin ti no soy nada" e en 2002 e 2008 os MTV Europe Music Awards no seu nomeamento como mellor grupo.
O seu álbum "Estrella de mar" conseguiu o Premio da Música no ano 2003 e "Pájaros en la cabeza" foi galardoado co Premio Ondas da Música no ano 2005. O seu último álbum "Nocturnal" foi publicado a finais de 2015.
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) e Web
20/10/2024
24/10/2024
26/10/2024
26/10/2024
Dende o luns 21 de outubro, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (26 de outubro) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
27/10/2024
31/10/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible