Unha experiencia poética onde Arnaldo Antunes, músico e escritor con 40 anos de experiencia sobre o escenario, interpreta cancións cun amplo abano de xéneros musicais, dende a música popular brasileira pasando pola música pop ata o avant garde
Para público en xeral
31/10/2024
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
25'00, 22'00, 20'00 € (descontos do 20% para +65 anos, Carné Xove e persoas desempregadas; 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan á sala terán que facelo con entrada, independentemente da súa idade.
Arnaldo Antunes, gañador dun Latin Grammy, catro discos de platino e un de diamante, ademais de compoñente do supergrupo Tribalistas, presta a súa voz e alma para interpretar un novo proxecto xunto ao famoso pianista e compositor Vitor Araújo. Neste traballo, as proxeccións visuais teñen un papel importante e danlle á obra un ambiente contemporáneo e inusual. En formato voz e piano, Arnaldo e Vitor soben ao escenario para interpretar un repertorio que comeza cun aire introspectivo, pero que, en contacto co público, gaña dimensións de sentimento compartido. Ademais, ao longo da representación intercalará recitados dos seus poemas para mergullar o público nun ambiente cheo de creatividade e arte.
Venda de entradas:
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Rosalía, só abre os días de función dende as 16.00 h
22/11/2024
22/11/2024
22/11/2024
27/11/2024
28/11/2024
29/11/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible