As Bibliotecas Municipais damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para os mais pequenos e pequenas da casa, por mor da actual circunstancia, nesta ocasión en modalidade virtual. As bibliotecarias, tamén, contan no verán.
Familias, Infantil
19/06/2020
Xa rematou
Actividade en liña, acceso dende as distintas redes sociais: twitter, facebook e instagram co cancelo #asbibliotecariascontan
Ás 11horas
Non vos perdades a historia de Niña bonita, un conto e Ana María Machado ilustrado por Rosana Faría publicado pola editorila. Ekaré.
Un coello branco, ben branco quedou prendado de unha nena negra, ben bonita.
Quere ter unha filla coma ela. Cada vez que a ve, pregúntalle "Nena bonita nena bonita, ¿Cal e o teu segredo paa ser tan negrita? despois de moitos experimentos e desilusións, o coello descubre o segredo....
A cita será todos os venres ás 11:00 no Instagram das Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna e na nosas redes sociais twitter, facebook e instagram co cancelo #asbibliotecariascontan
+ info no blog das salas infantis.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible