Lugar de realización: Edificio Deportivo do Real Club Náutico da Coruña (próximo ao Castelo de San Antón)
público en xeral
Familias, Para público en xeral
25/09/2016
Xa rematou
De 10 a 14 h
Entrada*: 20 €/persoa, con inscrición previa.
maior de 8 anos, que saiba nadar
Tras dúas edicións dedicadas ao surf e o submarinismo, este ano o Festival pon a súa atención na vela. Un deporte para todos que se desprende da súa imaxe elitista e que nos mostra os grandes valores que fomenta: traballo en equipo, solidariedade e afán de superación, entre outros. Ademais, os tripulantes de veleiro son xente comprometida co mar e saben de primeira man da importancia da preservación.
Se nunca subiches a un barco de vela, este ano Mar de Mares poncho fácil. E divertido. En colaboración co Real Club Náutico da Coruña, terás a posibilidade de converter un bautismo de vela nunha trepidante experiencia; unha regata pola baía da Coruña. Na actividade poderá participar calquera persoa maior de 8 anos que saiba nadar, sen necesidade de experiencia previa en navegación. Podes vir en familia, con amigos ou só. O bautismo comeza cunha primeira toma de contacto co barco, onde un patrón nos iniciará nas nocións básicas da navegación a vela a bordo dun 550 con capacidade para 5 tripulantes para despois competir na regata que se desenvolverá na baía coruñesa. Cada participante recibirá un diploma acreditativo do bautismo e a tripulación gañadora terá premio. Vento en popa a toda vela, e que gañe o mellor!
E se dispós de barco propio e che apetece participar na regata, non tes máis que sumarte para apoiar este deporte e celebrar e defender os mares co Festival e co RCNC. Envíanos un correo electrónico a info@festivalmardemares.org confirmando a túa asistencia.
*A realización desta actividade está suxeita a condicións meteorolóxicas e a acadar o mínimo de persoas inscritas (15). En caso de cancelación devolverase o importe íntegro e notificarase con suficiente antelación.
Actividades relacionadas
23/10/2024
Dende o 16/10/2024 ata o 23/10/2024
Require inscrición
Os días 09/10/2024 ás 18:00 , 16/10/2024 ás 18:00 , 23/10/2024 ás 18:00
Atención: novas datas!
Dende o 02/10/2024 ata o 09/10/2024
Require inscrición previa
Dende o 05/10/2024 ás 11:00 ata o 26/10/2024 ás 13:00 , os sábados
Realizarase os sábados 5, 19 e 26 de outubro.
Dende o 28/09/2024 ata o 05/10/2024
Require inscrición.
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible