Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

BEBESCENA primavera 2025

As persoas que tiveron a sorte de asistir a unha función de teatro para bebés adoitan mostrar interese en repetir a experiencia. A emoción que emanan estas obras sobre o escenario é de alta intensidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral, Familias

Cando:

Os días 23/02/2025 á 01:00 , 09/03/2025, 13/04/2025, 04/05/2025, 15/06/2025

Horario:

11.30 e 13.00 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6,00 €

Abono familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

Menores de 3 anos: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

  • Esíxese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
  • Todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de se ocupan ou non butaca.
  • Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (excepto auga).
  • Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
  • A capacidade da sala é limitada, polo que che recomendamos adquirir as túas entradas con antelación para asegurares a túa praza.
  • Por cuestións de seguridade, os carriños e as cadeiras de bebé deben permanecer fóra da sala.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

agora@coruna.gal

AF-triuptico-Bebescena.pdf (1 MB)

As obras para persoas espectadoras tan novas reúnen algúns requisitos. Un deles é a proximidade entre o escenario e o público, o que fai que o patio de butacas se transforme nunha zona próxima ao escenario, con alfombras, coxíns, pequenos bancos..., onde nenas e nenos poden permanecer sentados con menos rixidez e dunha maneira máis acorde á súa anatomía, á beira das súas familias. O segundo requisito é a duración, que varía entre 30 e 45 minutos, que é o tempo no que a atención dun/dunha bebé pode concentrarse na actividade.

As propostas que presentamos este ano son moi variadas: con ou sen palabras, con obxectos, con música, con movemento, con efectos audiovisuais... Todas pretenden espertar sensibilidades e transmitir emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.

"Porque os nenos e as nenas merecen e necesitan que a arte forme parte das súas vidas; porque as artes escénicas contribúen á súa formación emocional, a desenvolver a empatía e a xerar sociedades máis xustas. Merecen poder emocionarse e gozar con contidos de calidade que lles falen da realidade da que eles e elas son partícipes. Merecen un mundo cheo de arte." (ASSITEJ España. Artes Escénicas para a Infancia e a Xuventude).

  • 23.02.2025 La guarida de los sentidos, de elPetit & Imaginart
  • 09.03.2025 O Comenoites, de Os Náufragos Teatro
  • 13.04.2025 Closka, de PanicMap
  • 04.05.2025 Mans, de Os Contos de Pablísimo
  • 15.06.2025 Blink Flash Duncan, de Blink Flash

VENDA DE ENTRADAS

As entradas poderanse adquirir a partir do venres anterior a cada espectáculo.

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Pagamentos: no despacho de billetes da praza de Ourense, na do Ágora e na venda en liña con tarxeta de débito ou crédito, excepto American Express.

Máis información: www.coruna.gal/cultura

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible