Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Bulebule - Os Náufragos Teatro

Un espectáculo de Os Náufragos teatro sobre a presenza da muller no mar, a diversidade e o TDAH (Trastorno do Déficit de Atención con Hiperactividade).

A quen vai dirixido?:

Tódolos públicos (a partir de 4 anos).

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

27/09/2024

Horario:

19:00 h 

Duración:

40 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

6,00 €

-  Descuento del 20% para carnet joven, mayores de 65 años, personas desempleadas.

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao auditorio.

Requisitos:

CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA

Puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma.

Ao acceder o auditorio poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións agás en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar o espectáculo.

Apaguen os móbiles antes de que comece o espectáculo. O seu son e luz molestan ao resto do público.

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan á sala teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os carriños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións necesarias.

Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos.

Garde as súas localidade ata finalizar o espectáculo ; poderán ser requeridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

Organiza:

Urdime

Documentos:

Bulebule.gal-2.pdf (3 MB)

A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construir ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa doada... e facer un barco tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade).

Bulebule é unha obra que explora, dun xeito amable, os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.

Elenco: Irene Lorenzo e Jimmy Núñez

Música: Daniel Valentín

Espazo escénico: Claudia L. Franco

Espazo iluminación: Daniel Pais

Axudantía de dirección: Rebeca Vecino

Axudantía de produción: Antonio Vázquez

Asesoría dramática: Verónica Rego

Dramaturxia e Dirección: Gustavo del Río

Distribúe: Urdime 

VENDA DE ENTRADAS:

- Pza. de Orense, de luns a venres (agás festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.

- Taquilla do Centro Ágora: día de función, desde unha hora antes, sempre e cando queden localidades dispoñibles.

- Venda online: www.ataquilla.com.

Tamén che pode interesar...

  • "Palabras", de Baobab Teatro (auditorio)

    Cando:

    17/09/2024

    Inscricións:

    Dende o 13/09/2024 ata o 17/09/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • "Estrafalaria", de Xarope Tulú

    Cando:

    24/09/2024

    Inscricións:

    Dende o 20/09/2024 ata o 24/09/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión