O acendido dos 2.600.000 puntos de luz de Nadal terá lugar o venres 29 de decembro ás 19.30 h na praza de María Pita
Para público en general
Desde el 28/11/2019 hasta el 06/01/2020
Ya ha finalizado
O Goberno local quixo que este ano o acendido do Nadal fose un día "máxico e memorable" para todas as coruñesas e os coruñeses. Por iso, este venres ás 19.30 h unha nena ou neno elixida/o ao azar será a persoa encargada de activar os 2.600.000 puntos de luz de led que farán brillar a cidade da Coruña durante a tempada de Nadal. As e os menores de 13 anos que queiran participar deberanse achegar ao concello a partir das 18.00 h e depositar nunha urna un debuxo feito por eles mesmos no que figuren os seus datos persoais para que posteriormente, ás 19.30 h, a alcaldesa elixa ao azar un dos debuxos. A crianza autora dese debuxo será chamada ao escenario con todas as honras para premer o gran botón que acenderá as luces de toda a cidade. O Concello poñerá a disposición dos nenos e nenas material para realizar o seu debuxo en caso de que non o traian feito.
Outra das novidades deste ano será o espectacular vídeo mapping, xamais visto na cidade, que se proxectará na fachada do Pazo de María Pita. "A estrela da ilusión" é o nome da peza, un conto de Nadal no que a súa protagonista é Isabela, unha nena que percorre a cidade da man do seu pai e a través de cuxos ollos descubrimos o Nadal coruñés. A primeira proxección será este venres ás 19.00 h e repetirase cada hora en punto desde as 20.00 h ata as 23.00 h. O sábado volverán a proxectarse os ditos pases desde as 19.00 ás 23.00 horas. O espectáculo apostará pola accesibilidade e a sostenibilidade, xa que contará cunha zona especialmente reservadas para persoas con discapacidades físicas e sensoriais.
O mestre de cerimonias desta tarde festiva será o actor Suso Martínez, quen anunciará as diferentes actividades:
Para satisfacer na medida do posible as demandas da cidadanía en materia de iluminación do Nadal, o Executivo local aposta este ano por unha maior presenza de elementos lumínicos na cidade. Nesta campaña haberá un novo deseño da árbore transitable de 20 metros, as luces en arañeiras no Campo da Leña, a esfera de luz da Mariña (este ano ten 2 metros máis de diámetro) e unha bandada de peixes que pasarán por debaixo dunha rede reciclada fabricada polas redeiras de Corme. Pero o protagonista non só é o centro da cidade, este ano a maior parte dos barrios da cidade terán máis arcos, farois e árbores iluminadas: 546 arcos, 133 motivos sobre farois, 67 árbores iluminadas, 1 farol triplo, 2 paraugas de luz con bólas tridimensionais, 4 árbores artificiais de luz de 6 e 8 metros, 6 fachadas, 2 monumentos iluminados, 1 teito de luz, 159 rúas e 15 prazas iluminadas, 6 rotondas e glorietas e 3 parques.
Campaña de Nadal 2019
O programa de actividades deste ano conta con 20 talleres de maxia e 20 espectáculos de marionetas que chegarán a todos os barrios da cidade a través da rede de Centros Cívicos Municipais, o Ágora e o Fórum Metropolitano.
O poboado de María Pita será outro dos protagonistas do Nadal con todo tipo de actuacións infantís de teatro, circo, contacontos, talleres educativos e outros momentos máxicos que se poderán desfrutar do 5 ao 30 de decembro.
Para potenciar e dinamizar o pequeno comercio da cidade, haberá sesións de cine do Nadal no marco dunha campaña en colaboración cos comercios que facilitarán entradas de cine por cada compra superior a 20 euros.
A música tamén ten cabida no Nadal coruñés con diferentes actuacións musicais de arraigo a cargo das nosas entidades culturais, corais e grupos tradicionais que percorrerán as rúas e espazos da cidade como o Ágora, Fórum Metropolitano e o Centro Cívico dos Mallos para amenizar a veciñanza.
PROGRAMA DE PASACALLES
DÍA |
HORA |
ZONA |
AGRUPACIÓN |
|
S |
14 de decembro |
19:00 |
Praza de Lugo - M.ª Pita |
Xacarandaina |
D |
15 de decembro |
19:00 |
Oza - Gaiteira - Praza Corte Inglés |
AC Donaire |
V |
20 de decembro |
19:00 |
Avda. Hércules - R/ Torre - Campo da Leña |
AC Son D'aquí |
S |
21 de decembro |
19:00 |
Cidade Vella |
Asociación de Coros e Danzas Eidos |
X |
26 de decembro |
19:00 |
Os Rosales - Praza Elíptica |
Coro Cantares Gallegos |
V |
27 de decembro |
19:00 |
Os Mallos |
Asociación de Coros e Danzas Eidos |
D |
29 de decembro |
19:00 |
Matogrande |
Asociación de Coros e Danzas Eidos |
PROGRAMACIÓN MUSICAL NOUTROS PUNTOS DA CIDADE
DÍA |
HORA |
ACTIVIDADE |
LUGAR |
AGRUPACIÓN |
|
X |
12 de decembro |
19:30 |
Concerto |
Fórum Metropolitano |
AA.VV. Oza Gaiteira Os Castros - Xebre |
S |
21 de decembro |
19:30 |
Concerto |
Fórum Metropolitano |
Xacarandaina - Os do fondo da barra |
X |
26 de decembro |
19:30 |
Concerto |
Ágora |
Amizades |
V |
27 de decembro |
19:30 |
Concerto |
Parroquia San Fco. Javier |
Coro Xogos Tonais |
S |
28 de decembro |
19:00 |
Concerto |
C. C. Os Mallos |
La Trova Coruñesa |
L |
30 de decembro |
19:30 |
Concerto |
Ágora |
Follas Novas Orfeón Herculino |
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible