Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza en agosto un concurso nas redes sociais para as familias con nenas ou nenos ata 12 anos co fin de fomentar a escrita.
Como vai ese verán? Desexamos sabelo! Queremos recuperar o vello costume de escribir e recibir cartas ou tarxetas postais, así que se tedes até 12 anos:
Contádenos o que estades a facer este verán: viaxar, comer moitos xeados, que libro estades a ler, que pelis, praias ou festas vistes... Podedes xuntarlle un debuxo! Moi importante! Poñede o voso nome, a data de nacemento, un teléfono e un enderezo postal*. Prometemos responder
O seguinte é poñerlle un selo, o noso enderezo e ir á caixa do correo até o 31 de agosto: Normalización Lingüística, Lugar da Gramela, 17, 15010 A Coruña.
Tedes que redactala en lingua galega (ollo coas faltas, os borranchos). Se aínda non sabedes escribir, poden darvos unha axudiña mamá, papá, alguén da familia ou algunha amizade.
En canto nos chegue a vosa carta ou postal, publicarémola nas nosas redes.
Tanto traballo terá premio seguro! Un agasallo que vos entregaremos presencialmente ao rematar o verán para que así a volta ao cole resulte máis divertida e tres lotiños para as mellores entre estas franxas de idade: 0-4, 5-8 e 9-12 anos (repartirase un agasallo por crianza).
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible