Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Catro", de Caramuxo Teatro

BEBESCENA outono 2024

A quen vai dirixido?:

Familias con bebés dende 6 meses

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

27/10/2024

Horario:

11.30 e 13.00 h

Duración:

30 min aprox.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6,00 €

Abono familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

Menores de 3 anos: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de vir vernos:

  • Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
  • Todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de se ocupan ou non butaca.
  • Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (excepto auga).
  • Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
  • A capacidade da sala é limitada, polo que che recomendamos adquirir as túas entradas con antelación para asegurar a túa praza.
  • Por cuestións de seguridade, os carriños e cadeiras de bebé deben permanecer fóra da sala.
  • As entradas non permiten cambios nin devolucións, polo que che suxerimos revisar todos os detalles do evento antes de realizar a compra.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

agora@coruna.gal

Espectáculo de danza para a primeira infancia

Catro é a nova proposta de Caramuxo Teatro para a primeira infancia. Unha peza visual que xoga coa vida, as formas, os sons, as texturas, o movemento...

Catro lados ten un cadrado, catro son as estrelas que vexo desde a miña habitación, catro os recunchos do meu lugar favorito...

Catro é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida a través do movemento como linguaxe, como canle de coñecemento.

Catro é un espectáculo para gozar en familia.

VENDA DE ENTRADAS

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

Pagamento: no despacho de billetes da praza de Ourense, na do Ágora e na venda en liña con tarxeta de débito ou crédito, excepto American Express.

Tamén che pode interesar...

  • Merendas con contos: Viaxe pola Galicia encantada

    Cando:

    22/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 15/10/2024 ata o 22/10/2024

    Require inscrición

  • "Luppo", de Baobab Teatro (auditorio)

    Cando:

    22/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 18/10/2024 ata o 22/10/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • Encontros para familias: Uso de pantallas na infancia

    Cando:

    23/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 16/10/2024 ata o 23/10/2024

  • Bebencontro(13-24 meses): 1ª sesión

    Cando:

    24/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 17/10/2024 ata o 24/10/2024

    Require inscrición
  • "Nanocontos", de Raquel Queizás

    Cando:

    29/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 25/10/2024 ata o 29/10/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade.

  • CantoConto! Mimitis aguda

    Cando:

    30/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 23/10/2024 ata o 30/10/2024

    Require inscrición

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión