Desde o Departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña querémoste convidar ao noso ciclo de webinarios (sesións informativas gratuítas en formato vídeo, que se imparten a través de Internet).
Para público en xeral
Dende o 02/10/2020 ata o 29/10/2020
Xa rematou
Dende o 14/09/2020 ata o 30/11/2020
Se queres asistir e participar só tes que premer na ligazón de acceso que che indicamos, ou copiala e pegala. Non é necesario que teñas instalada no teu ordenador a aplicación TEAMS. Podes acceder elixindo primeiramente a opción "Ver en Internet" e despois "Unirse de forma anónima".
Departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña
Correo electrónico: empresa@coruna.es
Tel.: 981 189 887
Sesións informativas, impartidas por especialistas en cada unha das materias, nas que se tocarán temas de interese para persoas emprendedoras, comerciantes, autónomos/as e empresariado en xeral.
Os webinarios (hora de inicio 12.00 horas) previstos para o mes de outubro son:
02/10/2020. Acertos e erros á hora de emprender
Obxectivo: charla con asesor sénior que debullará os erros e acertos que viu na súa clientela.
Ligazón: https://cutt.ly/aciertos
05/10/2020. Cómo cumprir coas obrigas da LOPD
Obxectivo: coñecer as obrigas que ten unha empresa en relación cos datos que manexa.
Ligazón: https://cutt.ly/LOPD
08/10/2020. A nova regulación dos ERTE e a protección por desemprego: análise do RDL 30/2020
Obxectivo: Analizar as novidades e características esenciais dos ERTE e da prestación por cesamento de actividade.
Ligazón: https://cutt.ly/ERTEs
09/10/2020. Cómo conseguir un equipo orientado ao negocio
Obxectivo: analizar as claves para obter equipos de alto rendemento que melloren a competitividade da empresa.
Ligazón: https://cutt.ly/equipoRRHH
16/10/2020. Que tipo de sociedade me convén? Como regular as relacións entre as persoas socias?
Obxecto: dar resposta a dous dos retos máis importantes á hora de poñer en marcha unha empresa: definir o tipo social máis conveniente e mecanismos para evitar conflitos entre persoas socias e/ou fronte a terceiros.
Ligazón: https://cutt.ly/sociedades
19/10/2020. Como organizar as finanzas da miña empresa?
Obxectivo: medir o nivel de endebedamento óptimo e saber como elixir o produto financeiro que máis se axuste ás necesidades da túa empresa.
Ligazón: https://cutt.ly/finanzasempresa
23/10/2020. Propiedade intelectual. Patentes e marcas
Obxectivo: coñecer nocións básicas sobre patentes, marcas, nomes comerciais ou deseños industriais e saber por que debemos protexer a nosa propiedade industrial ou intelectual.
Ligazón: https://cutt.ly/patentes
26/10/2020. Medidas tributarias e económicas para facer fronte á situación xerada pola COVID-19
Obxectivo: analizar as diferentes medidas lexislativas de carácter tributario e económico, e os efectos que poden producir na economía local e nos nosos negocios.
Ligazón: https://cutt.ly/tributaria
30/10/2020. Cómo aumentar a visibilidade da túa empresa e as túas vendas grazas ás redes sociais.
Obxectivo: aprender a situar a túa marca en liña a través das redes sociais.
Ligazón: https://cutt.ly/ventasRRSS
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible