Desde o Departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña querémoste convidar ao noso ciclo de webinarios (sesións informativas gratuítas en formato vídeo, que se imparten a través de Internet).
Para público en xeral
Dende o 14/09/2020 ata o 28/09/2020
Xa rematou
Dende o 14/09/2020 ata o 27/09/2020
Se queres asistir e participar só tes que picar ou copiar e pegar a ligazón de acceso que che indicamos. Non é necesario que teñas instalada a aplicación TEAMS no teu ordenador. Podes acceder elixindo primeiramente a opción "Ver en Internet" e despois "Unirse de forma anónima".
Departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña
Correo: empresa@coruna.es
Tel.: 981 189 887
Sesións informativas, impartidas por especialistas en cada unha das materias, nas que se tocarán temas de interese para persoas emprendedoras, comerciantes, autónomos/as e empresariado en xeral.
Os webinarios (hora de inicio 12.00 horas) previstos para o mes de setembro son:
14/09/2020 - A retribución dos meus empregados e empregadas
Ligazón: https://cutt.ly/retribucion
16/09/2020 - Que claves ten que coñecer un/unha autónomo/a ou peme en materia de contratación?
Ligazón: https://cutt.ly/contratacion
18/09/2020 - O mínimo que todo/a empresario/a debe saber sobre contabilidade
Obxectivo: entender os conceptos básicos de contabilidade e ofrecer unhas liñas básicas para entender a conta de resultados dunha empresa.
Ligazón: https://cutt.ly/contabilidad1
21/09/2020 - O mínimo que todo/a empresario/a debe saber sobre fiscalidade
Ligazón https://cutt.ly/fiscalidad
25/09/2020 - Avanzando en contabilidade
Ligazón https://cutt.ly/contabilidad2
28/09/2020 - Medidas laborais en vigor para facer fronte á situación xerada pola COVID-19
Ligazón https://cutt.ly/laboral_covid
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible