Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: Bodas de sangre

De Federico García Lorca

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/10/2024 ata o 06/10/2024

Horario:

20:30 h

*Unha vez comezado o espectáculo NON se poderá acceder á Sala

Prégase puntualidade

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (desconto do 20% para +65 anos, carné xove, e desempregados; do 25% para familias numerosas)

*Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

Escrita en 1932, Bodas de sangre, baséase nun suceso real, acaecido en Almería en 1928. Todo empezou cunha boda á que a noiva non acudiu. Pouco despois atopouse o cadáver dun dos seus curmáns e moi preto de aí apareceu ela, co vestido desgarrado. Lorca, admirado por como a vida nos brinda novos dramas dun modo inesperado, tece unha obra na que se dan cita as paixóns que nos fan humanos, desde o amor ata o sufrimento, a vinganza, o medo e o odio. O resultado é unha sobrecolledora traxedia que dá forma a unha idea lorquiana: aos seus personaxes téñenselles que ver «os ósos e o sangue».

¡Ay muerte que sales!

Muerte de las hojas grandes.

¡No abras el chorro de la sangre!

¡Ay muerte sola!

Muerte de las secas hojas.

¡No cubras de flores la boda!

¡Ay triste muerte!

Deja para el amor la rama verde.

Con Irene Alquézar, Minerva Arbués, Jacobo Castanera, Alba Gallego, Félix Martín, Alberto Pérez Paz, Claudia Siba

Dirección de Carlos Martín

Produción do Teatro Español e Bravo Teatro

*Venda de entradas soltas a partire do 6 de setembro

Despacho de billetes da Praza de Ourense, de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función desde as 16 h

Venda en liña

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión