Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Ciclo Principal: Casting Lear

De Andrea Jiménez

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/04/2025 ata o 12/04/2025

Xa rematou

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

O meu pai é Lear, pero nunca entrou nun teatro. Eu son Cordelia. E son directora de teatro. Como ela, vou buscar a Lear, vou atreverme a miralo e vou tentar perdoar. E vouno a facer desde un escenario. Cada noite, un actor distinto, será Lear, será o meu pai, será un posible pai, un que si queira sentar nun teatro para conversar.

Vou ser Lear eu también, e como él coas súas fillas, vou facer un casting, un casting de pais.

Esta versión-simulacro de Rey Lear aspira a ser unha porta aberta para pensar como nos  relacionamos cos nosos pais, os biológicos, pero también os metafóricos, incluído o mesmo William Shakespeare. É unha autoficción a partir dun clásico ou un clásico autoficcionado, e oxalá ningunha das dúas cousas. É unha peza sobre a orixe, sobre como o que veu antes nos persegue aínda que queiramos ignoralo. Sobre como nos constrúen quen nos precede. Sobre coomo inventar unha vida que che pertenza sen esquecer o pasado. Sobre coomo imaxinar outros finais posibles.

É también unha audición, ou un ensaio, iso que sucede antes de que todo suceda, o lugar xusto antes de que algo tome a súa forma exacta. O momento exacto no que aínda todo é posible.

- Andrea Jiménez, creadora de «Casting Lear».

Con Andrea Jiménez e Juan Paños junto a un actor invitado en cada función

Dirección: Andrea Jiménez e Úrsula Martínez

Produción  de Barco Pirata, Teatro de La Abadía e Andrea Jiménez 

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible