De Sandra Ferrús
Para público en xeral
Dende o 18/11/2022 ata o 19/11/2022
Xa rematou
20.30 h
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
La panadera conta a historia de Concha, unha muller de corenta anos, encargada dunha panadería, casada, con dous fillos. Unha muller cunha vida tranquila e feliz que un día esperta coa nova de que polas redes sociais corre un vídeo íntimo seu mantendo relacións sexuais cunha parella que tivo hai 15 anos. O vídeo sae agora á luz e esténdese de xeito incontrolado porque ese home fíxose famoso en Italia grazas a un "reality" televisivo.
A nudez, a rabia, a impotencia, a vergoña e á dor salpican a todos os seus seres queridos. Dende seu pai, Ramón, un home de campo, nacido no trinta e oito, ao seu fillo, Gael, un neno de once anos, ao que trata de lle ocultar o acontecido, pero que sabe manexar un ordenador infinitamente mellor ca ela, ata o seu marido, Aitor, que intenta acompañar a Concha na dor, pero que non pode evitar deixarse invadir polo xuízo social.
As mensaxes cibernéticas sen piedade, que escondidas tras perfís sen nome, opinan, mófanse, e deshumanizan, chegan, e Concha terá que loitar para que o medo, a dor, as crenzas, o aprendido non a derrote. Intentando que o seu contorno familiar e social non salte polo aire.
La panadera é un desexo de parar a cadea, de romper crenzas, de tomar conciencia e dar confianza e soporte. É un desexo de unión, é un abrazo, é esperanza.
Con: César Cambeiro, Sandra Ferrús, Elías González, Susana Hernández e Martxelo Rubio
Dirección: Sandra Ferrús
Escenografía e vestiario: Elisa Sanz (AAPEE)
Iluminación: Paloma Parra
Música e espazo sonoro: Antonio de Cos
Vídeo escena: Elvira Ruiz
Axudante de dirección: Concha Delgado
Axudante de escenografía e vestiario: Paula Castellano
Fotos: Luz Soria
Unha coprodución do Centro Dramático Nacional, Açafrão Producciones, El Silencio Teatro e Iria Producciones
*Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro
- Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
- Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
- Venda en liña: Ataquilla.com
* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
19/10/2024
Dende o 18/10/2024 ata o 19/10/2024
22/10/2024
Dende o 18/10/2024 ata o 22/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
25/10/2024
Dende o 25/10/2024 ata o 26/10/2024
26/10/2024
Dende o luns 21 de outubro, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (26 de outubro) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible