Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Concerto do grupo portugués Sopa de Pedra no festival “Pétalos de Igualdade. Flor de Vida”

As Sopa de Pedra son dez mulleres:Teresa e Inês Campos, Rita Costa, Inês Loubet, Maria e Benedita Vasquez, Inês Melo, Sara Yasmine, Rita Sá e Mariana Gil; un grupo de investigación musical que canta esencialmente a capella.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/07/2024

Horario:

19:30 h. Pídese puntualidade. 

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

Requisitos:

  • Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga.
  • Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
  • Por motivos de seguridade e evacuación, non está permitido entrar con carriños nin cadeiras de bebé.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.ga

Por medio de arranxos polifónicos de música tradicional portuguesa, exploran a riqueza do legado tradicional achegándoo ao contexto da música do mundo actual.

Tal como no conto popular que lles dá nome, Sopa de Pedra preséntase en diferentes formatos, a creación musical comeza cunha base simple (unha pedra, unha tradición, un cantar) que ao longo do tempo vai madurando no seo do grupo.

Co tempo, a melodía vaise desdobrando en varias voces, gañando varias facetas, até que se conxuga nunha harmonía viva, que se reinventa cada vez que se canta, ou que se xunta un amigo.

O repertorio inclúe música de transmisión oral, desde cantos mirandeses de Trás-os-Montes, baladas açorianas, cantigas de adufeiras da Beira Baixa, o canto alentejano ou repertorio de Zeca Afonso, Amelia Muge, José Mário Branco, João Loio, Almanaque e GAC.

Este concerto, como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión