Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Contacontos: Son Mariña! A historia dunha nena celíaca

As Bibliotecas Municipais da Coruña en colaboración con ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia organiza un ciclo de contacontos para nenos e nenas.

A quen vai dirixido?:

De 3 a 7 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

21/09/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/09/2023 ata o 21/09/2023

Require inscrición

Horario:

De 18:00 a 19:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Número de prazas:

30

Contacto:

bforum@coruna.gal

981 184 298

O próximo xoves 21 de setembro ás 18 horas temos un contacontos organizado en colaboración con ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, dirixido a nenos e nenas de 3 a 7 anos, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano.

"Son Mariña!" é a historia dunha nena que diagnostican de celiaquía. A través da pequena Mariña, os mais pequenos/as poden comprender tanto os sentimentos da nena como as cousas que debemos ter en conta cando temos un amiguiño con celiaquía. Un conto que fomenta a inclusión na sociedade de todos os nenos/as con necesidades diferentes, ademais do respecto e a igualdade a través de diferentes personaxes, cancións e xogos.

A través de personaxes interpretados a cativada poderá coñecer a historia de Mariña e os seus amigos. Unha historia que se conta a través de dous narradores, Pandoso, un osiño moi despistado, e o Doutor Neutronio, un científico, os que a través de xogos, cancións e bailes conseguen que os nenos se divirtan e á vez aprendan acerca da enfermidade celíaca, a dieta sen glute, e a importancia dunha alimentación saudable, ademais de adquirir valores como a inclusión, respecto e igualdade.

ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo fundamental é axudar a todas as persoas afectadas pola Enfermidade Celíaca e Dermatite Herpetiforme.

Ofrecen servizos, tanto aos socios coma á sociedade en xeral, sendo algúns deles a información e asesoramento ao celíaco recentemente diagnosticado, orientando acerca de como levar correctamente unha dieta sen glute, publicacións especializadas, ou actividades de difusión, información e concienciación á poboación xeral, entre outros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión