Espectáculo para a primeira infancia
Para público en xeral
28/02/2023
Xa rematou
Dende o 24/02/2023 ata o 28/02/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de ata 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
17.00 horas
40 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
"Corochas", de Xarope Tulú, está interpretada pola actriz Atenea García.
Corochas, coscas ou cóxegas: sensación que experimentamos cando nos tocan algunhas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlles ás corochas? Pode ser que a sensación para cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de lles poñer un nome só? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña...
Os contos ás veces son coma as corochas, fannos viaxar a lugares a onde normalmente non chegamos ou a partes do corpo ás que non lles poñemos atención.
Contos acumulativos, cancións e xogos de imitación. A actividade realizarase na aula 8 do Centro Ágora.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
19/07/2024
Entrada libre ata completar a capacidade.
Dende o 12/07/2024 ata o 21/07/2024
Dende o 23/04/2024 ata o 21/07/2024
24/07/2024
Dende o 22/07/2024 ata o 26/07/2024
O 25 de xullo non haberá taller por ser festivo e pechar as bibliotecas.
Dende o 15/07/2024 ata o 22/07/2024
Require inscrición.
27/07/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible