Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

“Debullando o prato de Harvard” e “Compra saudable e sostible”

Dúas exposicións para coidar a saúde nosa e a do planeta, e visita guiada pola nutricionista Fátima Branco Parra.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 02/05/2025 hasta el 15/05/2025

  • visita guiada pola nutricionista Fátima Branco Parra: martes 06 /05/2025 ás 17 h.

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

Este evento, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Como continuación das exposicións da primeira quincena de febreiro "A pegada ecolóxica" e "10 motivos para andar en bici", combinamos agora dúas exposicións ("Debullando o prato de Harvard" e "Compra saudable e sostible") porque a alimentación é un dos principais contribuíntes á nosa pegada ecolóxica individual. Hai múltiples cuestións para ter en conta á hora de reducir o impacto da nosa dieta: consumo de produtos locais e de tempada, facerlle fronte ao desperdicio alimentario ou limitar o consumo de produtos de orixe animal etc. 

A antiga Oficina de Medioambiente colaborou coa UDC Saudable para a promoción de hábitos de alimentación saudables e sostibles. Parte desta sinerxía reflíctese na elaboración destas dúas exposicións que analizan a relación entre os alimentos que consumimos e a nosa saúde e a do planeta, valorando cuestións como a pegada ecolóxica e orixe dos alimentos, o desperdicio alimentario ou as prácticas para reducir os seus impactos.

Exposición Prato de Harvard: trátase dunha guía de axuda para levar a cabo unha dieta saudable, centrándose nas proporcións dos tipos de alimentos. Ademais, recolle múltiples opcións dentro de cada grupo de alimentos, analizándoos segundo a súa orixe, pegada hídrica... E tamén achegando ideas de receitas.

Exposición Compra saudable e sostible: hai múltiples cuestións que poden favorecer que a nosa cesta da compra sexa máis sostible. Desde os lugares onde mercamos e os envases que consumimos, ata a conservación dos alimentos unha vez no fogar teñen un impacto na pegada ecolóxica relacionada coa alimentación. Saber como reducila está nas nosas mans.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión