Coa participación de Sofía Oriana Infante, compositora e especialista en IA, e Florian Vahli, primeiro violín da Orquestra Sinfónica de Galicia
Para público en xeral
11/04/2025
Ás 20.00 horas
Entrada libre ata completar o espazo
CorBI Foundation
A música clásica contemporánea sempre foi unha avanzada na utilización de todo tipo de medios instrumentais, non académicos, e en achegar unha gran liberdade de ideas e creatividade para conseguir os fins que pretendía. Nestes tempos a irrupción da IA (intelixencia artificial) na composición representa un reto disruptivo colosal. As persoas compositoras teñen medios e opcións das que carecían e, por outra banda, a IA empeza a poder substituír a función das ditas persoas. O futuro ten a potencialidade para resultar bo ou malo.
Unha doutora en música e exitosa compositora, ademais de docente e con fortes coñecementos en IA, e un músico de prestixio cunha longa e recoñecida traxectoria, que tamén é mestre de músicos, dialogarán o venres 11 de abril na Domus sobre este apaixonante escenario en que se desenvolve a música clásica contemporánea.
Sofía Oriana Infante é profesora no Conservatorio de Ferrol, compositora e especialista en IA.
Florian Vahli é primeiro violín da Orquestra Sinfónica de Galicia e director do Grupo Instrumental Siglo XX.
11/04/2025
Dende o 11/03/2025 ata o 11/04/2025
Inauguración o 11 de marzo ás 19.30 h no vestíbulo principal do Centro Ágora.
Dende o 07/04/2025 ata o 11/04/2025
Dende o 31/03/2025 ata o 05/04/2025
Inscrición en liña. Este curso require ter o documento DNI ou NIE
Dende o 05/02/2025 ás 10:00 ata o 11/04/2025 ás 13:00 , os mércores e venres
Dende o 13/01/2025 ata o 03/02/2025
Inscrición presencial na biblioteca
Dende o 07/04/2025 ata o 11/04/2025
Dende o 31/03/2025 ata o 07/04/2025
Inscrición en liña
11/04/2025
Dende o 04/04/2025 ata o 11/04/2025
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible