Gústache a comedia elegante? O humor intelixente? A erótica do poder? Se queres risas e algo máis, Escándalo en palacio é a túa alta comedia
Para público en xeral
Dende o 10/01/2025 ata o 11/01/2025
20.30 h
22,00 / 25,00 € segundo a zona
1.ª fileira de principal (visibilidade reducida): 20.00 €
Desconto do 20% para Carné Xove, maiores 65 anos e persoas desempregadas
Desconto do 25% para familia numerosa
*Os desconto aplícanse logo da previa presentación do documento que acredita o desconto.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Estudo do Momento SC
O texto é unha idea orixinal de Pedro Ruiz, adaptada aos novos tempos por Estudo Momento. Unha sátira política brillante e incisiva con intelixencia artificial, noticias falsas, redes sociais, xornalistas-estrela, telelixo, política... E moitas sorpresas máis!
Esta é a obra da que todo o mundo fala. 100x100 orixinal. 100x100 elegante. 100x100 hilarante.
Xoán C. Mejuto interpreta a Bernard Mathieu, un presidente en apuros que destaca polas súas habilidades á hora de aferrarse ao poder. A súa maior virtude? O engano. Iria Ares é Paola D´Angio, unha primeira dama que porá patas para arriba a todo un país. O seu maior defecto? A sinceridade.
O escándalo salta definitivamente cando a televisión emite en prime time un vídeo do primeiro encontro sexual entre Bernard e Paola, cando o presidente aínda estaba casado coa súa primeira muller!
Bernard sabe que ten que dimitir, aínda que a palabra se lle atragoe na gorxa. Paola, en cambio, ve unha oportunidade única para mellorar a popularidade da parella presidencial. E o pobo? E a prensa? E o mundo da política? Se queres saber en que termina toda esta lea e cales son as artimañas do poder e os seus mecanismos... Ven ver Escándalo en palacio! O que verás aquí, non cho van contar en ningún outro sitio...
Que empeza o show!
Dirección: Iria Ares e Xoán C. Mejuto
Actores: Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares
Idea orixinal e dramaturxia: Pedro Ruiz
Espectáculo non recomendado para menores de 13 anos
Xénero: alta comedia
Duración: 90 minutos
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades
28/12/2024
Os días 02/01/2025, 03/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible