Actividade enmarcada dentro do ciclo temático "Emilia Pardo Bazán e o seu tempo"
Dirixido a crianzas de 8 a 11 anos acompañados/as dunha persoa adulta.
Infantil, Familias
29/09/2021
Xa rematou
Dende o 22/09/2021 ata o 29/09/2021
Require só inscrición dos nenos e nenas
De 18.00 h a 19.00 h
1 hora
10
bforum@coruna.es
Tel.: 981 184 298
María Canosa é unha das autoras máis prolíficas da literatura infanto-xuvenil da literatura galega, ademais de ter publicados obras para outro tipo de público. Publicou numerosos libros de narrativa ou poesía e acaba de iniciarse tamén en dous campos novos: a divulgación científica e a biografía, pensando tamén en achegar os conceptos á xente máis nova.
Un dos seus últimos libros é "Emilia Pardo Bazán: unha mente poderosa", unha biografía ilustrada (da man de Bea Gregores, editada polo selo Bululú), no que achega a figura da ilustre escritora ás crianzas. Baseándose neste texto, manterá un faladoiro arredor da figura de Emilia Pardo Bazán, resaltando as achegas máis importantes da protagonista en distintas facetas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible